Menú

FeSP-UGT Galicia denuncia mala fe por parte da Xunta por ocultar na Mesa Xeral de Empregados Públicos medidas que agora figuran no proxecto de orzamentos

FeSP-UGT de Galicia manifestou hoxe o seu enorme malestar pola “mala fe” amosada pola Xunta de Galicia “pola ocultación das cuestións que contempla a Lei de medidas que se tramita xuntamente co proxecto de lei de orzamentos, na reunión da Mesa Xeral de Empregadas e Empregados Públicos”.
 
O pasado día 1 de decembro celebrouse esta reunión da Mesa Xeral e xa nese intre esta organización sindical amosou o seu malestar pola forma de convocala: dun día para outro e sen documentación para o seu estudo e debate na devandita reunión. Por este motivo, cualificaron a reunión xa naquel intre  como de “un simple trámite”, pero que agora se converte nunha acción moi grave ao ocultarse medidas previstas no proxecto de orzamentos e non ser incluídas as cuestións tratadas na devandita reunión.
 
Por este motivo, FeSp-UGT Galicia “remitirá á Consellería de Facenda a súa valoración sobre a gravidade destes feitos, desenvolvendo unha campaña informativa entre os empregados e empregadas públicos dependentes da Xunta de Galicia, e recorrerá a todas as accións que estean ao seu alcance”. Ademais dende UGT reclamamos a unidade de todas as forzas sindicais presentes na mesa xeral para “denunciar a mala fe da Xunta” e “conseguir a recuperación do dereito á negociación colectiva real e efectiva e á recuperación de dereitos e salarios de todos os empregados e empregadas públicos”.
 
Desta forma, FeSP-UGT Galicia denuncia que “o proxecto de Lei de Orzamentos 2017 e a da Lei de medidas que se tramitan no Parlamento poñen de manifestou a mala fe da Xunta de Galicia en materia de dereitos de consulta e negociación de todos os empregados e empregadas públicos”.
 
Explica que “o proxecto de Lei de medidas modifica a Lei de emprego público e limita o dereito á carreira administrativa dos empregados e empregadas públicos” e supón o incumprimento de Acordos en desenvolvemento que na Mesa xeral se anunciou que se abordarían”.
 
Ademais, recordan que o proxecto de Lei de Orzamentos 2017 suspende, por quinto ano consecutivo, o artigo 19 do V convenio colectivo da Xunta, non atendendo ao requirimento da Valedora do pobo do pasado 20 de setembro, en resposta a queixa formulada por FeSP-UGT Galicia, no que instaba á Xunta a retomar o diálogo social a fin de recuperar acordos que permitan (coa gradualidade que esixa a contención do gasto) incluír, nos sucesivos proxectos de presupostos previsións relativas aos compromisos de recuperación dos pactos iniciais.
 
 

Informa-t: Subcomité de EPIS

Información sobre a reunión do subcomité de EPIS (Axentes medioambientais e forestais).

Toda a información no documento adxunto

Informa-t da xuntanza do acordo sobre a dispoñibilidade horaria dos FISP

O pasado venres 28 de outubro celebrouse unha reunión entre as organizacións sindicais e a consellería de Sanidade para tratar sobre a dispoñibilidade horaria dos FISP.

Toda a información no Informa-t

Informa-t: Negociación do prego de condicións para vehículos das brigadas de bombeiros forestais

UGT informa sobre a reunión para a negociación do deseño do prego de condicións para os vehículos das brigadas de bombeiros forestais.

No enlace tedes toda a información.

 

Informa-t: Apertura prazo de inscrición extraordinario bolsa de emprego temporal

A Xunta de Galicia abre o prazo de inscrición extraordinario na bolsa de emprego temporal en dúas categorías:

- Grupo III (categoría 14): Xefe de cociña

- Grupo V (categoría 1): Camareiro/a, limpiador/a, axudante de cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a.., 

 

Toda a información no Informa-T

Página 1 de 7

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA