Menú

CONVOCATORIA EGAP.

CONVOCATORIA DE ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA O PERSOAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

A EGAP publica no DOG núm. 22, do 3 de febreiro, a convocatoria de 154 actividades de formación continua destinadas aos empregados públicos da Administración autonómica que se atopen en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, non entendendo por tales os empregados públicos da Escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria creada pola Lei 17/1989.

Ademais, o persoal dependente do Parlamento de Galicia, do Valedor do Pobo, do Consello de Contas, do Consello Consultivo e doutras entidades e organismos públicos poderán acceder a aquelas accións formativas que así o establezan na epígrafe “destinatario” e a todas as actividades formativas desta convocatoria nas que queden prazas vacantes.

O persoal pertencente a outras entidades, organismos e institucións cuxos datos non figuren na base de datos da Dirección Xeral da Función Pública deberá enviar á EGAP -a través do correo electrónico (Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ) ou do fax (981 546 339)- unha copia da solicitude de matrícula e un certificado no que se indique a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración.

Os cursos de idiomas e do Plan formativo ofimático de Galicia serán obxecto dunha convocatoria posterior.

Presentación de solicitudes: desde as 8 horas do día 4 ata as 14 horas do 13 de febreiro a través do enderezo http://egap.xunta.es/matricula Número máximo de cursos: pódense facer ata seis solicitudes nesta convocatoria concreta (este límite non afectará a convocatorias posteriores)

Máis información http://egap.xunta.es/fichanova/id/2006

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA