Menú

UGT INFORMA SPDCIF - 20.02.2015

UGT INFORMA SPDCIF - 20.02.2015

  • -  Comezamos a reunión protestando pola demora da entrada dos fixos descontinuos de 9 meses, se nos dixo que a entrada estaba prevista para mediados deste mes e o final incorpóranse o día 23. Responden que non foi posible realizala cando dixeron, porque o Secretario Xeral estaba en Alemania e non dera autorización. Desde UGT nos parece impresentable a actitude dos responsables do SPDCIF. Solicitamos que a entrada sexa todos os anos nunha mesma data. A Consellería di que a eles lles parece ben, pero á Secretaria Xeral non. Solicitamos que polo menos se avise a xente con 15 días de antelación.

  • -  Tal e como solicitou UGT, responden que pagarán a parte da paga extra que abonaron ao resto de persoal da Xunta en xaneiro, na 1a nómina que perciba o persoal fixo descontinuo de 9 meses.

  • -  En canto a incorporación, protestamos tamén porque os fd se lles manda de vacacións dende o mesmo día da incorporación. Salvo acordo entre as partes ou previa comunicación segundo o Acordo do SPDCIF, na parte que elixe a empresa, será de mínimo 7 días e ademais debe ser negociado cos comités de empresa. A Consellería enviará instrución as provincias

    -  UGT solicita Oferta Pública de todas as prazas vacantes de 3, 9 e 12 meses. Entre as que hai sen ocupar e as que están cubertas por interinos fan aproximadamente o 50 % de prazas do dispositivo.

    -  Solicitamos de novo que se cubran as prazas vacantes e non vacantes, é imposible que as brigadas estén completas e as motobombas operativas ao 100%.

    -  Levamos tempo pedindo reunións da Comisión de Seguimento do Acordo do SPDCIF, coma asinantes do V Convenio e o Acordo xunto con CIG, porque temos que tratar asuntos pendentes: Recualificación categorías, recoñecemento da categoría profesional de bombeiro forestal, participación nas propostas de mellora e adquisición de equipos de traballo. A consellería responde que fará o posible para que a Secretaría Xeral se reúna con nos.

    -  Solapamentos de xornada, A consellería está mirando e o confirmará as organizacións sindicais en breve, que vai a resolver os solapamentos de xornada que se deron no 2014 e nos propón devolver ese tempo ao persoal afectado en días de descanso.

    -  Sobre as demandas de persoal de PLADIGA de 3 meses, que solicitan o paso a 9 meses, a Consellería manifesta que vai a recorrer as demandas segundo vaian saíndo e esgotará a vía xudicial. Consideran que non poden asumir o paso de 3 a 9 meses. E non contemplan incluír estas prazas na OPE do 2015.

    -  Sobre os problemas de seguridade social e prestacións que ten o persoal de 3 meses pouco se aclarou, insistimos que a oferta pública é a mellor solución para dar futuro e estabilidade a este persoal. A xunta comprometese a ter unha reunión co SEPE para intentar que se aclare o cobro de prestacións nos sitios onde hai problemas para facelo. Así mesmo estudaran outros tipos de contrato (modelo 300) para ver si ten vantaxes sobre o que se está aplicando na actualidade (modelo 410) 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA