Menú

UGT INFORMA RPT MEDIO RURAL - 20.02.2015


  • -  UGT solicita e insiste na retirada da proposta por falta de información e xustificación das 130 amortizacións que se propoñen. A única xustificación é numérica: Reducir o gasto.

  • -  Para nos, a negociación debe abarcar todos os servizos/áreas/centros da Consellería e solicitamos a apertura dunha mesa de negociación na que se aborden todas as cuestións que presentamos nas nosas alegacións: cobertura vacantes, apertura de mesa de negociación para pluses, inclusión na RPT dos pluses de sentenzas que xa se están cobrando, reclasificacións pendentes, aplicación do acordo de Educación a Mar, subida de niveis para biólogos, potenciación dos centros de investigación coa creación de novas prazas e non con amortizacións, mantemento dos servizos de limpeza con empregados públicos, oferta pública de emprego... Sobre estas cuestións a Administración non aceptou nada.

  • -  A Consellería despois de 3 reunións demostrou que non hai posibilidade de negociación, que este recorte é un feito xa consumado.

  • -  Manteñen a desigualdade entre traballadores, non queren que se cumpra que a igualdade de posto, igualdade de salario.

  • -  Non podemos admitir o criterio de amortizar prazas só por estar vacantes. Déixanse descubertos centros de traballo e sen garantir o servizo para a cidadanía e non se presenta xustificación funcional posto por posto.

  • -  Aceptan algunhas das alegacións que presentou UGT: se manteñen as dúas prazas de veterinarios en A Coruña, que sairán os vindeiros concursos; se manteñen unha praza de oficial agrario no CIAM e manteñen dúas prazas de peón na Coruña.

    SPDCIF:

  • -  Coa amortización de 23 postos de peón rompen o deseño funcional dun 20% das brigadas do Servizo. O criterio que establece a Consellería é amortizar prazas de peón do SPDCIF vacantes, nas brigadas nas que hai oficial de incendios. UGT non dá por bo este criterio, xa que son distintas categorías e distintas funcións.

  • -  Seguen sen cubrir os 89 postos vacantes do Servizo, así é imposible que as brigadas estean completas. Por outra banda o índice de temporalidade é moi alto, con máis de 250 postos temporais, polo que volvemos a insistir en que se convocase oferta de emprego.

    UGT manterá e defenderá as súas alegacións na próxima Mesa Xeral que se convoque

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA