Menú

INFORMA MESA XERAL 25/02/2015

A Dirección Xeral informa sobre as novidades dos criterios de reparto da OEP para o 2015: 
Oferta de 48 prazas de Veterinarios (correspondente ao 2008) que se acumularán a oferta de 2014 (Total de 55 prazas);

Profesores numerarios de Institutos marítimo pesqueiros, 17 prazas, en tres modalidades: libre e en cumprimento da DT 7 da Lei de Función Pública (aplicable a 3 interinos) e consolidación (7 prazas).

  •   Promoción interna en convocatoria independente (108 prazas) de todos os corpos.

  •   En cumprimento da Disposición transitoria séptima a reserva do 7% das prazas reservadas para persoas con discapacidade se realizará de xeito que o 2% sexan cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual. UGT deixa constancia, como nos últimos anos, da súa queixa pola falta de información e a non presentación dos anexos aos que se fai referencia no texto relativos ao número e distribución de prazas da oferta para o 2015, información da que xa se dou traslado á prensa. Concretamente, preguntamos polos rumores sobre a convocatoria de prazas de Gardacostas. Informa o DX que van incluídas prazas da Escala e que, por outra banda, se ofertarán prazas de persoal laboral de servizos sociais, sen cuantificar nin especificar categorías.

    Como nos últimos 6 anos, os anexos coas prazas se presentarán no Consello da Xunta.
    UGT solicita incorporar na OPE as prazas reservadas a persoas con discapacidade que non sexan cubertas en anteriores convocatorias, dado que xa se acadou o obxectivo do 2% previsto na DT 7 da Lei de Función Pública. 
    Por outra banda, solicitamos que se teña en conta os procesos xudiciais abertos dos veterinarios do Laboratorio de Sanidade Gandeira á hora de ofertas as prazas.

    DXFP informa que:
    día 3 as 10 horas reúnese o consello asesor de Integración da discapacidade, no que se dará conta da OEP.

Na próxima semana haberá reunión para tratar as categorías de persoal laboral.

Responde ás cuestións de UGT seguintes:
Concurso de traslados xeral e veterinarios: se pasará borrador das bases a próxima semana Concurso de Escalas: non está previsto  Concurso Lei 17: se retomará. Se prevé poder empezar en marzo coas negociacións. Concurso laborais: unha vez chegado a acordo nas categorías de persoal laboral. 

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA