Menú

UGT define o concurso específico previsto na Lei de Emprego Público (LEP) como unha “libre designación” encuberta.

Santiago, 11 de marzo de 2015.-  A Federación de Servizos Públicos, FSP-UGT de Galicia, considera que o concurso específico que a Lei de Emprego Público prevé, encubre un procedemento de “libre designación”. Os sindicatos xa manifestaron o seu rexeitamento á figura do concurso específico, que proverá todas aquelas prazas que se determinen arbitrariamente pola Administración.

A nova Lei, lonxe de implicar a eliminación da cobertura de prazas a dedo, vai supor un incremento de prazas a cubrir por un procedemento no que as entrevistas, memorias e “sistemas similares” dirimen a elección do designado.

O sindicato considera que as medidas anunciadas pola Consellería de Facenda non reflicten a realidade do novo texto, que define un marco inestable e conculca a imparcialidade constitucional que debe primar na condición do funcionario público.

Así mesmo, UGT manifesta que as declaracións do Goberno Galego que anuncian que a introdución do concurso específico parte das organizacións sindicais non se axusta á realidade, e insiste na ausencia absoluta da boa fe que debe primar no proceso de negociación, no que, ademais de non contemplar ningunha das alegacións relevantes presentadas por este sindicato tivemos que  votar sobre un texto final “ilexible” entregado no mesmo momento da reunión, o que provocou a indignación dos representantes dos traballadores. A imposición unilateral  da Administración galega quedou patente coa modificación substancial do texto unha vez rematado o proceso negociador.

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA