Menú

INFORMA COMISIÓN DE PERSOAL DO 4-3-15

1.- Lectura acta no 9 da comisión de persoal aprobase coas alegacións de CIG e UGT 2.- Criterios xerais para a OEP 2015

2.- A Dirección Xeral informa sobre as novidades dos criterios de reparto da OEP para o 2015: 

  • De 19 prazas para a quenda de discapacidade, 6 son de carácter intelectual acordado no consello asesor para a discapacidade.
  • 108 para a promoción interna e delas, 8 para a quenda de discapacitados
  • Enumera os colectivos que participan na OEP que saen no consello da Xunta do 5-2-15. Van saír prazas de laborais de servizos sociais e o resto indicarao o consello da Xunta de maña. Van o 50 % da taxa de reposición que autoriza a lexislación estatal.

UGT, faltan os anexos da convocatoria e non atenden as nosas alegacións. Entendemos que queiran presentar no consello da Xunta as prazas desta OEP; pero é un ninguneoás Organizacións, polo que votamos en contra.

Resto OOSS votan en contra polos mesmos temas.

3.- DXFP informa que:

  • A selección dos técnicos para a orientación persoal nas Oficinas de Emprego son 56 (15 en Coruña, 11 en Lugo, 10 Ourense e 20 en Pontevedra) A duración é o exercicio 2015 e a selección realizarase como para persoal similar noutra selección.
  • A2, educadores sociais, Traballo social, Relacións laborais e recursos humanos, Relacións Laborais e Graduado Social.
  • A mediados deste mes realizarase o proceso polas listas. Mandase a convocatoria simultánea de todos os ámbitos territoriais.
  • No consello de maña xoves aprobase a OEP 2015 e na do vindeiro xoves o Fondo de Acción Social para discapacitados o mesmo que o ano anterior.

UGT, pregunta pola exclusión dos licenciados de Dereito, que tendo experiencia por ocupar postos con anterioridade, quedan excluídos.

DXFP, contestará 

INFORMA CONCURSO DE TRASLADOS E PROMOCIÓN INTERNA

INFORMA CONCURSOS DE TRASLADOS E PROMOCIÓN INTERNA

PROMOCIÓN INTERNA
Na mesa Xeral O Director de Función Pública anunciou que se convocará a promoción interna no mes marzo, haxa ou non acordo coas organización sindicais.
Está pendente de enviar o borrador da convocatoria

CONCURSOS DE TRASLADOS
UGT preguntou polo estado de todos os concursos de traslados:

Concurso de traslados de Administración Xeral, está en tramitación e enviarán un borrador a principios de marzo.

Concurso de traslados de Veterinarios, está en tramitación e enviarán un borrador a principios de marzo.

Concurso de traslados de Administración Especial, non hai unha previsión cercana.

Concurso de traslados do persoal da Lei 17, das clases médicas, expusemos que este concurso xa tiña que estar convocado, porque xa venceu o prazo acordado. Función Pública informou de que retomarían este concurso no mes de marzo.

Concurso de traslados de persoal laboral, está pendente de acordos coas categorías, non hai previsión. 

XUNTANZA DIRECIÓN XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA - COMITÉ INTERCENTROS DE PERSOAL LABORAL DA XUNTA - 12/02/2015

A xuntanza solicitouse dende o Comité Intercentros ante o inmobilismo da Xunta nas cuestións referentes ao persoal laboral, cuestións como o concurso de traslados, a consolidación de emprego, as adscricións temporais, a validez dos certificados médicos e os convenios de reciprocidade entre comunidades autónomas para a posibilidade de traslado entre outras cuestións.

Outra vez constatouse a falta de interese da Xunta para resolver todas as cuestións de calado que afectan ao V Convenio Colectivo, xa que despois de varias horas de xuntanza, na que non estivo o Director Xeral, non se quitou nada en claro.

O interese da Xunta é a modificación das categorías profesionais do V Convenio Colectivo antes de comezar os procesos acordados como son o concurso de traslados horizontal e vertical permanente con resolución semestral, a consolidación de emprego, a estabilización e a funcionarización. Isto restrinxiría o dereito de todo os compañeiros/as laborais da Administración Xeral da Xunta, tanto para os fixos, como para os indefinidos e para os temporais, xa que de darlle trámite ás incorporacións dos compañeiros que veñen da administración paralela, con carácter definitivo,  antes de resolver ditos procesos, tal e como estipula o V Convenio Colectivo e o plan de emprego, incurriríamos en denegar dereitos laborais ao persoal laboral propio a favor do persoal laboral externo.

UGT como central sindical defende esta postura, postura entregada por escrito e rexistro de entrada á Función Pública e postura que dende os órganos de representación, o Comité Intercentros e dende a Comisión Paritaria, de ser o caso, os compañeiros da UGT defenderán. Esperamos que as outras centrais sindicais non naden entre augas con esta cuestión de suma importancia e teñan esta postura de firmeza vital para o futuro do persoal laboral e non estean á espera de ve-lo que poidan pescar na indefinición da súa postura.

É de suma importancia que o persoal laboral da Xunta de Galicia sexa consciente de esta situación, xa que é a de maior calado na historia da representatividade na nosa empresa.

UGT ten claro que non se pode comezar a casa polo tellado, si estamos por unha ordenación, pero esta non pode deixar fora a ninguén, menos aínda ao persoal laboral propio, o persoal que representamos dende o Comité Intercentros, que é o persoal laboral do V Convenio Colectivo e a quen nos debemos, sen esquecer que existen outros colectivos que teñen que ter cabida, pero sempre coa seguridade xurídica necesaria para que ninguén se sinta prexudicado, e para elo a Xunta de Galicia o único que ten que facer é traballar para resolver todas estas situacións pactadas con anterioridade á integración de novos colectivos e non saltarse pautas na resolución definitiva de todo este percorrido para minimiza-la temporalidade e optimiza-los recursos respectando os dereitos de cada un dos diferentes colectivos.

Parece ser que a nosa postura en referencia á defensa dos dereitos laborais acadados con anterioridade a novos pactos que mermarían estes dereitos e os futuros, non lle está a gustar demasiado á Xunta nin a algúns sectores das centrais sindicais que teñen outros intereses que non son os da defensa do persoal laboral propio, e isto confirma que é o camiño correcto na defensa do persoal laboral, do V Convenio Colectivo, e do plan de emprego, xa que no intre en que se acorden novas cuestións ao marxe do amparo dos xa existentes, perderémo-lo pouco ao que poidamos amarrarnos para a defensa dos intereses do persoal laboral propio da Xunta.

Que ninguén nos quite o que tanto nos custou acadar, xa que é o noso futuro dentro da Administración Galega cun mínimo de garantes para a nosa continuidade en dignidade polo servizo público que un día decidimos prestar, reivindica o teu dereito a unha continuidade e un futuro profesional.

INFORMA MESA XERAL 25/02/2015

A Dirección Xeral informa sobre as novidades dos criterios de reparto da OEP para o 2015: 
Oferta de 48 prazas de Veterinarios (correspondente ao 2008) que se acumularán a oferta de 2014 (Total de 55 prazas);

Profesores numerarios de Institutos marítimo pesqueiros, 17 prazas, en tres modalidades: libre e en cumprimento da DT 7 da Lei de Función Pública (aplicable a 3 interinos) e consolidación (7 prazas).

  •   Promoción interna en convocatoria independente (108 prazas) de todos os corpos.

  •   En cumprimento da Disposición transitoria séptima a reserva do 7% das prazas reservadas para persoas con discapacidade se realizará de xeito que o 2% sexan cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual. UGT deixa constancia, como nos últimos anos, da súa queixa pola falta de información e a non presentación dos anexos aos que se fai referencia no texto relativos ao número e distribución de prazas da oferta para o 2015, información da que xa se dou traslado á prensa. Concretamente, preguntamos polos rumores sobre a convocatoria de prazas de Gardacostas. Informa o DX que van incluídas prazas da Escala e que, por outra banda, se ofertarán prazas de persoal laboral de servizos sociais, sen cuantificar nin especificar categorías.

    Como nos últimos 6 anos, os anexos coas prazas se presentarán no Consello da Xunta.
    UGT solicita incorporar na OPE as prazas reservadas a persoas con discapacidade que non sexan cubertas en anteriores convocatorias, dado que xa se acadou o obxectivo do 2% previsto na DT 7 da Lei de Función Pública. 
    Por outra banda, solicitamos que se teña en conta os procesos xudiciais abertos dos veterinarios do Laboratorio de Sanidade Gandeira á hora de ofertas as prazas.

    DXFP informa que:
    día 3 as 10 horas reúnese o consello asesor de Integración da discapacidade, no que se dará conta da OEP.

Na próxima semana haberá reunión para tratar as categorías de persoal laboral.

Responde ás cuestións de UGT seguintes:
Concurso de traslados xeral e veterinarios: se pasará borrador das bases a próxima semana Concurso de Escalas: non está previsto  Concurso Lei 17: se retomará. Se prevé poder empezar en marzo coas negociacións. Concurso laborais: unha vez chegado a acordo nas categorías de persoal laboral. 

 

UGT INFORMA RPT MEDIO RURAL - 20.02.2015


  • -  UGT solicita e insiste na retirada da proposta por falta de información e xustificación das 130 amortizacións que se propoñen. A única xustificación é numérica: Reducir o gasto.

  • -  Para nos, a negociación debe abarcar todos os servizos/áreas/centros da Consellería e solicitamos a apertura dunha mesa de negociación na que se aborden todas as cuestións que presentamos nas nosas alegacións: cobertura vacantes, apertura de mesa de negociación para pluses, inclusión na RPT dos pluses de sentenzas que xa se están cobrando, reclasificacións pendentes, aplicación do acordo de Educación a Mar, subida de niveis para biólogos, potenciación dos centros de investigación coa creación de novas prazas e non con amortizacións, mantemento dos servizos de limpeza con empregados públicos, oferta pública de emprego... Sobre estas cuestións a Administración non aceptou nada.

  • -  A Consellería despois de 3 reunións demostrou que non hai posibilidade de negociación, que este recorte é un feito xa consumado.

  • -  Manteñen a desigualdade entre traballadores, non queren que se cumpra que a igualdade de posto, igualdade de salario.

  • -  Non podemos admitir o criterio de amortizar prazas só por estar vacantes. Déixanse descubertos centros de traballo e sen garantir o servizo para a cidadanía e non se presenta xustificación funcional posto por posto.

  • -  Aceptan algunhas das alegacións que presentou UGT: se manteñen as dúas prazas de veterinarios en A Coruña, que sairán os vindeiros concursos; se manteñen unha praza de oficial agrario no CIAM e manteñen dúas prazas de peón na Coruña.

    SPDCIF:

  • -  Coa amortización de 23 postos de peón rompen o deseño funcional dun 20% das brigadas do Servizo. O criterio que establece a Consellería é amortizar prazas de peón do SPDCIF vacantes, nas brigadas nas que hai oficial de incendios. UGT non dá por bo este criterio, xa que son distintas categorías e distintas funcións.

  • -  Seguen sen cubrir os 89 postos vacantes do Servizo, así é imposible que as brigadas estean completas. Por outra banda o índice de temporalidade é moi alto, con máis de 250 postos temporais, polo que volvemos a insistir en que se convocase oferta de emprego.

    UGT manterá e defenderá as súas alegacións na próxima Mesa Xeral que se convoque

Página 5 de 7

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA