Menú

Convocatoria de cursos da EGAP

No Diario Oficial de Galicia de hoxe (25 de outubro) saíu publicada a convocatoria de dous cursos por parte da Escola Galega da Administración Pública.

No Informa-t tedes toda a información sobre os mesmos.

images/pdfs/AUTONOMICA/convocatoria cursos egap 25-10.pdf

A Valedora do Pobo require á Xunta que retome o diálogo social, na resposta á queixa presentada por FeSP-UGT sobre descansos compensatorios

A Valedora do Pobo, Milagros Otero, require á Xunta de Galicia que retome o diálogo social e vaia recuperando, de forma gradual, os dereitos recortados. Así se expresa a Valedora do Pobo no escrito de contestación á queixa presentada por FeSP-UGT o 1 de agosto sobre discriminación indirecta por razón de sexo, dos efectos da aplicación da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, sobre o persoal que traballa a quendas na Consellería de Política Social aos que non se lle aplican os descansos compensatorios recollidos no V Convenio Colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia (artigo 19).
Este sindicato leva anos loitando e reclamando á Consellería a recuperación destes descansos compensatorios sen resposta por parte da administración. Ademais, non entende porque si se recoñecen esas compensacións por domingos e festivos traballados para algúns (bombeiros forestais) e non para outros (traballadores de centros de discapacidade ou terceira idade) e por iso, FeSP UGT decidiu acudir á Valedora do Pobo con esta queixa por discriminación indirecta por razón de sexo (a maior parte dos traballadores destes centros son mulleres).
A resposta da Valedora do Pobo nas súas conclusións, non recoñece a discriminación indirecta pero manifesta que “a Xunta de Galicia deberá considerar –non como unha obrigación inmediata de resultado pero si como unha obrigación de comportamento a futuro– retomar o diálogo social a fin de recuperar acordos que permitan (coa gradualidade que esixa a contención do gasto) incluír, nos sucesivos proxectos de presupostos, previsións relativas aos compromisos de recuperación dos pactos iniciais. Pero os tempos para recuperar estes compromisos serán pautados pola propia administración en atención ás circunstancias económicas que nos atinxen.”
Desde a FeSP-UGT denunciamos a falta de vontade política amosada no ámbito da Consellería de Política Social mentres que se retomou o diálogo social coas organizacións sindicais representativas en outros ámbitos. Xa en 2016 acadáronse distintos pactos como o Acordo de Bombeiros Forestais e a súa segunda actividade, Acordo de Axentes Medioambientais.
En base o requirimento da Valedora do Pobo,  FeSP-UGT instará á Consellería de Facenda ao inicio das negociacións que teñan como finalidade a reversión dos dereitos suspendidos do V Convenio Colectivo Único do Persoal Laboral da Xunta de Galicia nos Orzamentos do ano 2017.
 

UGT RECLAMA A EQUIPARACIÓN SALARIAL DO PERSOAL DO CONSORCIO GALEGO DE SERVICIOS DE IGUALDADE E BENESTAR CO RESTO DO PERSOAL DA XUNTA

Vacación, Permisos e Licencias Funcionarios da Administración Xeral do Estado.

 

Página 2 de 7

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA