Menú

Alegaciós á refundición, supresión e creación de categorías do V Convenio.

FSP-INFOMA Mesa General de Negociación. Cap. I

INFORMA MESA XERAL EXTRAORDINARIA, DO 16-10-14

Punto único da orde do dia: Estudio anteproxecto relativo á masa salarial do capítulo I do proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para 2015.

O Director Xeral de Orzamentos fai unha exposición da evolución dos orzamentos para 2015, indicando que conteñen incrementos nas Consellerías de Xustiza, Educación e Traballo, esta última como consecuencia da creación da Axencia Galega de Servizos Sociais. No seu conxunto supoñen un incremento do 0,5 % sobre os orzamentos de 2014.

Dende a UGT manifestamos que esta xuntanza é unha mera reunión informativa verbal, dado que non fixeron entrega de ningunha documentación. En ningún momento desenvolvéronse os principios que deben garantir o correcto exercicio do dereito á negociación colectiva, conforme ao EBEP. E tampouco outorgouse á Mesa o protagonismo que esta mesma lei lle confire.

A nosa Organización amosou a súa total desconformidade con esta forma de actuar, por parte da Administración.

Solicitamos, así mesmo, documentación e información sobre o abono da paga extraordinaria, suprimida, do ano 2012, e sobre os complementos específicos das pagas extraordinarias de 2013 e 2014; e saber que vai a acontecer coa anualidade de 2015.

Reclamamos que as Ofertas de Emprego Público deben ser do 100%. A Administración debe cubrir todas as baixas que se produzan, e non soamente o 50% en determinados corpos.

Leer PDF

 

INFORMA COMISIÓN DE PERSOAL DO 16-10-14

Punto único da orde do dia: Proposta anteproxecto LEP de Galicia

O Director Xeral da Función Pública expón os cambios que sobre o articulado, foron aceptados e explicados na última xuntanza coas OOSS, de acordo coas propostas

Antes da emisión do sentido do voto, UGT entende que debemos aclarar o mesmo, non entrando no fondo do articulado, senón en determinados aspectos que recubriron o proceso negociador e apuntando algunhas das que considerabamos como liñas vermellas dentro do mesmo.

En primeiro lugar, sinalar que unha norma que se prevé con solidez estrutural no tempo, non pode nin debe ser tomada como a negociación dun decreto. A Norma Estatal obriga ás CCAA a adaptar as súas respectivas normativas da función pública aos preceptos emanados da mesma, pero non establece prazos. Pasados xa sete anos dende a publicación da dita Norma, a Administración da Xunta pretende nuns poucos días acadar un punto de encontro coas organizacións sindicais, nun proceso atropeladamente apurado, sen tempo material para que poidamos dar traslado aos Empregados Públicos as diferentes contrapropostas ao documento inicial. A pesar deste proceso acelerado, puxemos todo o noso empeño en que isto fose adiante, participando activamente en todas as xuntanzas convocadas ao efecto e fixemos achegas alternativas e construtivas.

Esta Organización presentou en maio de 2013 as primeiras alegacións, hai disto un ano e medio, que entendiamos dotarían á norma dunha maior sensibilidade social, debido á gran cantidade de suxestións que canalizamos. Despois de estar paralizado o proceso durante todo este tempo, solicítase por parte da Administración que se sinalen dentro daquel documento, de 143 páxinas que tiñamos presentado, as que considerabamos como liñas vermellas que indicarían o punto de inflexión das nosas reclamacións. Aínda que a Administración aceptou unha serie de alegacións presentadas por este Sindicato, imos a indicar cinco das ditas liñas que determinaron o noso sentido do voto, é que para nós son fundamentais:

Ver FSP-UGT informa

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA