Menú

FSP-INFOMA Mesa General de Negociación. Cap. I

INFORMA MESA XERAL EXTRAORDINARIA, DO 16-10-14

Punto único da orde do dia: Estudio anteproxecto relativo á masa salarial do capítulo I do proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para 2015.

O Director Xeral de Orzamentos fai unha exposición da evolución dos orzamentos para 2015, indicando que conteñen incrementos nas Consellerías de Xustiza, Educación e Traballo, esta última como consecuencia da creación da Axencia Galega de Servizos Sociais. No seu conxunto supoñen un incremento do 0,5 % sobre os orzamentos de 2014.

Dende a UGT manifestamos que esta xuntanza é unha mera reunión informativa verbal, dado que non fixeron entrega de ningunha documentación. En ningún momento desenvolvéronse os principios que deben garantir o correcto exercicio do dereito á negociación colectiva, conforme ao EBEP. E tampouco outorgouse á Mesa o protagonismo que esta mesma lei lle confire.

A nosa Organización amosou a súa total desconformidade con esta forma de actuar, por parte da Administración.

Solicitamos, así mesmo, documentación e información sobre o abono da paga extraordinaria, suprimida, do ano 2012, e sobre os complementos específicos das pagas extraordinarias de 2013 e 2014; e saber que vai a acontecer coa anualidade de 2015.

Reclamamos que as Ofertas de Emprego Público deben ser do 100%. A Administración debe cubrir todas as baixas que se produzan, e non soamente o 50% en determinados corpos.

Leer PDF

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA