Menú

LEXISLACION AUTONOMICA

Orde de Confección de Nóminas 2015

ORDE do 15 de xaneiro de 2015 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2015.

O título II da Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, dedica o capítulo II a regular as retribucións de todo o persoal ao servizo da Comunidade Autónoma, que, en consonancia co disposto no artigo 12 da mencionada lei, non experimentan ningún incremento con respecto ás vixentes o 31 de decembro de 2014. Incorpórase como novidade a esta orde unha instrución para recoller as retribucións previstas na lexislación básica estatal e na normativa específica para o persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza no ámbito competencial da Comunidade Autónoma. Coa finalidade, pois, de facilitar a confección das nóminas do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma, esta consellería dita as seguintes instrucións, que se limitan a aplicar o disposto na mencionada Lei 11/2014, do 19 de decembro,

Leer PDF

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA