Despois do longo conflito da xustiza en Galicia no que se ten chegado o máximo posible neste momento da negociación por parte de Administración galega, e dado que no contido de dita proposta se alcanza unha parte importante dos obxectivos da mobilización que se ten desenvolto, e sendo conscientes de que quedan aspectos que necesariamente corresponde ó ámbito da comisión de seguimento; UGT e CCOO, entendemos que por responsabilidade debemos contribuír a que os beneficios dos obxectivos acadados por todos e todas os/as traballadores traballadoras se podan aplicar coa maior inmediatez posible, contribuíndo a paliar asi os efectos dunha longa loita que se ten vivido en defensa da homologación salarial dos traballadores/traballadoras da Xustiza de Galicia.
No día de onte, o persoal ao servizo da Administración de Xustiza estaba chamado a exercer o seu dereito a decidir libremente se aceptaban ou non a última proposta presentada pola Xunta na mesa de negociación ás centrais sindicais presentes no Comité de Folga.
O que debería ser unha xornada de participación democrática, na que un colectivo de traballadores exercitara o seu lexítimo dereito ao voto, converteuse sen embargo, desde primeira hora da mañá, nunha intolerable persecución por grupos de asalto organizados polos sindicatos CUT, CIG e STAJ.
Durante toda a mañá, os membros destes sindicatos tentaron impedir coa súa actitude agresiva que a votación tivese lugar. Todos estes feitos están debidamente documentados con imaxes que indican que se puideron cometer numerosos delitos: coaccións, ameazas, insultos, danos materiais e incitación ao odio, entre outros.
As vítimas destes posibles delitos foron, ademais dos sindicalistas das organizacións sindicais UGT, CCOO, SPJ-USO e CSIF, as súas familias e os traballadores e traballadoras da Administración de Xustiza que pretendían votar.
O exercicio de intolerancia realizado desde CUT, CIG e STAJ, non cabe dentro dunha democracia. Tratar de impedir o lexítimo dereito fundamental ao voto é, en si mesmo, dunha gravidade extrema. O ocorrido onte é escandaloso e non pode nin debe ser tolerado.
As localidades de Vigo, Pontevedra, A Coruña, Lugo e Ferrol foron as máis afectadas por esta actitude máis propia dun réxime fascista que dunha democracia.
As organizacións sindicais UGT, CCOO, SPU-USO e CSIF, en defensa dos seus delegados, afiliados e simpatizantes, non nos imos a quedar de brazos cruzados ante este terrible ataque aos dereitos e liberdades máis básicas dunha democracia. Estes feitos vergoñosos cualifícanse e retratan por si sós a quen os realice, e deberán ser postos en coñecemento da Fiscalía para que os responsables dean cumprida conta ante a Xustiza dos posibles delitos que puidesen cometer.
Debido a esta circunstancia non votaron 1.137 funcionarios sobre un censo de 2.750 e dos que votaron 746 votaron a favor do si e 836 a favor do non. O non sae por un escaso de marxe de 90 e tendo en conta todo o ocorrido non é en absoluto significativo.
Os resultados foron os seguintes:
MESA |
VOTOS SI AO ACORDO |
VOTOS NON AO ACORDO |
VOTOS NULOS |
VOTOS BRANCO |
TOTAL VOTOS EMITIDOS |
A CORUÑA |
237 |
172 |
1 |
9 |
419 |
SANTIAGO |
109 |
34 |
0 |
2 |
145 |
FERROL |
49 |
54 |
3 |
0 |
106 |
PONTEVEDRA |
50 |
184 |
2 |
3 |
239 |
VIGO |
112 |
204 |
1 |
0 |
317 |
LUGO |
54 |
86 |
2 |
3 |
145 |
OURENSE |
135 |
102 |
3 |
2 |
242 |
TOTAL |
746 |
836 |
12 |
19 |
1.613 |
DIFERENZA |
-90 |
|
|||
|
|||||
CENSO TOTAL POR PROVINCIAS |
|||||
a Coruña |
Ourense |
Lugo |
Pontevedra |
Total |
DIFERENZA |
1.198 |
289 |
303 |
960 |
2.750 |
1.137 |
Nova mobilización de empregados e empregadas publicos de Xustiza en Galicia noutra xornada de folga previa á indefinida, que se realizará a partires do día 7 de febreiro. En Santiago celebrouse unha manifestación que rematou diante do Parlamento de Galicia coa participación de 2.000 persoas.
A resposta das e dos traballadores non puido ser máis clara nesta terceira xornada de folga xeral, na que a xustiza parou case por completo, cuns datos de participación no paro superiores ao 90%. En Vigo a porcentaxe foi do 98%, mentres que en Ourense, Pontevedra, Santiago e Lugo foi do 95%.
Esta é a antesala da folga indefinida que se realizará a partires do 7 de febreiro, se non hai antes diálogo e acordos coa Administración. As negociacións coa Xunta rompéronse o pasado venres, sendo o principal escollo a negociación sobre as incapacidades temporais.
Hoxe celebrouse a primeira xornada da folga indefinida na xustiza galega cun "apoio maioritario e sen fisuras das e dos traballadores da Xustiza", segundo explicou o responsable de UGT Xustiza Galicia, Manuel González Carvajal.