Menú

Mañá, nova xornada de folga na xustiza galega

Esta xornada de folga de mañá 25 de xaneiro virá acompañada dunha manifestación en Santiago que sairá ás 12.00 da Avenida de Xoán XXIII e finalizará diante do Parlamento onde se leerá un manifesto.
 
O Comité de folga explicou na rolda de prensa celebrada hoxe que "o vicepresidente e conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, está actuando de xeito totalmente irresponsable, enganando aos cidadáns galegos e aos traballadores xudiciais e as súas familias, provocando coas súas falsidades unha nova xornada de folga, mañá 25 de xaneiro".
 
 
Mañá, 25 de xaneiro, haberá unha nova xornada de folga na xustiza galega e unha manifestación que transcorrerá polas rúas de Santiago de Compostela, dende a Avenida Xoán XXIII e rematará na rúa do Hórreo diante do Parlamento de Galicia. Se o vicepresidente e conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, non muda de actitude e segue faltándolle ao respecto aos cidadáns e aos traballadores da xustiza, a partir do día 7 de febreiro comezará un folga de consecuencias imprevisibles para a economía da nosa Comunidade autónoma e para os dereitos políticos e sociais de todos os galegos.

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA