Menú

Apoio maioritario dos traballadores de xustiza á folga indefinida

Hoxe celebrouse a primeira xornada da folga indefinida na xustiza galega cun "apoio maioritario e sen fisuras das e dos traballadores da Xustiza", segundo explicou o responsable de UGT Xustiza Galicia, Manuel González Carvajal.

 
Os datos de participación na xornada de paro son os seguintes:
- 85% en A Coruña
- 85,16% en Lugo
- 94% en Pontevedra
- 93,7% en Ourense
 
O responsable do sector de Xustiza de UGT Galicia explicou a indignación das e dos traballadores ante as declaracións que están a realizar tanto o presidente Núñez Feijoo coma o conselleiro Rueda. Ademais, Manuel González pediulle ao presidente da Xunta que explique a cidadanía galega "o prexuizo económico que suporá para os particulares e sobre todo á economía, porque un mal funcionamento da xustiza repercute na economía".
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA