Menú

Xustiza: Baixa participación nun ambiente de coacción que non permitiu realizar unha votación con garantías

No día de onte, o persoal ao servizo da Administración de Xustiza estaba chamado a exercer o seu dereito a decidir libremente se aceptaban ou non a última proposta presentada pola Xunta na mesa de negociación ás centrais sindicais presentes no Comité de Folga.

O que debería ser unha xornada de participación democrática, na que un colectivo de traballadores exercitara o seu lexítimo dereito ao voto, converteuse sen embargo, desde primeira hora da mañá, nunha intolerable persecución por grupos de asalto organizados polos sindicatos  CUT, CIG e  STAJ.

Durante toda a mañá, os membros destes sindicatos tentaron impedir coa súa actitude agresiva que a votación tivese lugar. Todos estes feitos están debidamente documentados con imaxes que indican que se puideron cometer numerosos delitos: coaccións, ameazas, insultos, danos materiais e  incitación ao odio, entre outros.

As vítimas destes posibles delitos foron, ademais dos sindicalistas das organizacións sindicais UGT, CCOO,  SPJ-USO e CSIF, as súas familias e os traballadores e traballadoras da Administración de Xustiza que pretendían votar.

O exercicio de intolerancia realizado desde  CUT, CIG e  STAJ, non cabe dentro dunha democracia. Tratar de impedir o lexítimo dereito fundamental ao voto é, en si mesmo, dunha gravidade extrema. O ocorrido onte é escandaloso e non pode nin debe ser tolerado.

As localidades de Vigo, Pontevedra, A Coruña, Lugo e Ferrol foron as máis afectadas por esta actitude máis propia dun réxime fascista que dunha democracia.

As organizacións sindicais UGT, CCOO,  SPU-USO e CSIF, en defensa dos seus delegados, afiliados e simpatizantes, non nos imos a quedar de brazos cruzados ante este terrible ataque aos dereitos e liberdades máis básicas dunha democracia. Estes feitos vergoñosos cualifícanse e retratan por si sós a quen os realice, e deberán ser postos en coñecemento da Fiscalía para que os responsables dean cumprida conta ante a Xustiza dos posibles delitos que puidesen cometer.

Debido a esta circunstancia  non votaron 1.137 funcionarios sobre un censo de 2.750 e dos que votaron 746 votaron a favor do si e 836 a favor do non. O non sae por un escaso de marxe de 90 e tendo en conta todo o ocorrido non é en absoluto significativo.

Os resultados foron os seguintes:

MESA

VOTOS SI AO ACORDO

VOTOS NON AO ACORDO

VOTOS NULOS

VOTOS BRANCO

TOTAL VOTOS EMITIDOS

A CORUÑA

237

172

1

9

419

SANTIAGO

109

34

0

2

145

FERROL

49

54

3

0

106

PONTEVEDRA

50

184

2

3

239

VIGO

112

204

1

0

317

LUGO

54

86

2

3

145

OURENSE

135

102

3

2

242

TOTAL

746

836

12

19

1.613

DIFERENZA

-90

 

 

         

CENSO TOTAL POR PROVINCIAS

a Coruña

Ourense

Lugo

Pontevedra

Total

DIFERENZA

1.198

289

303

960

2.750

1.137

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA