Menú

Modificación da Lei 13/2014 de garantías na prestación sanitaria

Exposición de motivos

O Sistema público de saúde de Galicia ten como principios reitores, entre outros, o de universalidade do dereito aos servizos e ás prestacións de cobertura pública, o de promo- ción da equidade e do equilibrio territorial no acceso e na prestación dos servizos e o de adecuación das prestacións sanitarias ás necesidades da poboación.

A Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías de prestacións sanitarias, ten como obxectivo fundamental establecer as garantías de prestacións sanitarias, en relación co exercicio polos pacientes dos dereitos, de establecemento de demoras máximas nos tempos de resposta, a libre elección de persoal sanitario en atención primaria e de hospital na atención especializada, a dispoñer dunha segunda opinión médica, a manifestar as instru- cións previas e á información sobre os dereitos e os deberes en relación coas prestacións sanitarias. 

Leer PDF

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA