Menú

Actualización Listas pediatría de Atención Primaria

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal da categoría de pediatra de atención primaria.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 12 de setembro de 2013 (número 181, do 23 de setembro) iniciouse e reguláronse as bases do procedemento de actualización periódica das listas de selección temporal no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, elaboradas ao abeiro do Pac- to do 26 de abril de 2011.

Finalizado o prazo indicado na cláusula quinta da citada resolución e de conformidade co disposto no seu punto noveno, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 26 de abril de 2011 na categoría de pediatra de atención primaria.

Segundo. A lista provisional de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas atópase publica- da, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu ex- pediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos

Terceiro. De conformidade coa base novena da Resolución do 12 de setembro de 2013 (número 181, do 23 de setembro) pola que se regulan as bases do procedemento de actualización periódica de listas, contra a resolución provisional de admi- tidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas  

poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA