Menú

ACUALIZACION LISTAS DE PERSOAL DE ENFERMERÍA E MATRONAS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias.

Por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saú- de, do 12 de setembro de 2013 (núm. 181, do 23 de setembro) iniciouse e reguláronse as bases do procedemento de actualización periódica das listas de selección temporal no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, elaboradas ao abeiro do Pacto do 26 de abril de 2011.

Finalizado o prazo indicado na cláusula quinta da citada resolución e de conformidade co disposto no seu punto noveno, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 26 de abril de 2011 nas categorías de enfermeiro/a e enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía.

Segundo. A lista provisional de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primei- ros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas está publicada, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu ex- pediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base novena da Resolución do 12 de setembro de 2013 (núm. 181, do 23 de setembro) pola que se regulan as bases do procedemento de actualización periódica de listas, contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas inte- resadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez (10) días naturais contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

A aceptación ou rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección, que se anunciará no , pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluidos/as e que se fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes.

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA