Menú

C.E.N.

Uns 2.500 traballadores de Correos están en corentena polo COVID-19

 
Os sindicatos UGT e CCOO anunciaron, nun comunicado conxunto, que uns 2.500 traballadores de Correos, en torno ao 5 % do persoal, están en corentena, e denuncian que, a día de hoxe, a moitos se lles está "obrigando a traballar sen xel, luvas nin máscaras, previas ameazas de expedientes incluídas".
 
Nun comunicado conxunto, ambas as organizacións critican ao presidente de Correos, Juan Manuel Serrano, "pola súa nefasta xestión da crise, utilizando o servizo público postal para lavar a súa imaxe".
 
Os sindicatos acusan ao presidente de Correos de manter a miles de traballadores da plantilla sen equipos de protección durante dez días e "tal exposición levou a que actualmente estean en corentena case o 5 % dos empregados postais, unha porcentaxe que vai "crecendo cada día". Tanto CCOO como UGT volven esixir a Serrano "que rectifique a súa actitude e garanta a seguridade total" do seu persoal ante o coronavirus.
 
No documento adxunto tedes a nota de prensa
 
 
 
 

FeSP-UGT Galicia valora positivamente o mantemento de emprego nos contratos públicos por parte do Concello da Coruña

 

FeSP UGT Galicia valora moi positivamente a resolución do Concello da Coruña pola que se garante o mantemento do emprego nos contratos públicos durante a crise sanitaria provocada polo COVID-19. Dende esta organización sindical instamos a todas as Administracións a que tomen a mesma decisión amparada no Real Decreto Lei de Estado Alarma Covid 19 e demais medidas laborais e sociais de protección.

 

Na resolución aprobada polo Concello da Coruña se establece, con carácter xeral, que ningún contrato ou actividade prestacional de carácter sucesivo derivada dunha relación contractural co Concello da Coruña ou coas súas entidades instrumentais, quedará suspendido como consecuencia das medidas urxentes e extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia do COVID-19.

 

O obxectivo fundamental desta resolución é evitar, na medida do posible, o impacto negativo que tería, tanto para o Concello como para o tecido empresarial, a suspensión dos devanditos contratos.

 

Resolución

 

 

MATERIAL ADECUADO PARA TODAS E TODOS

 

Material adecuado e suficiente para todos e todas en función do risco, que compren máis e distribuan máis, non chega nin en Madrid nin en Galicia nin nas restantes Comunidades autonomas... que o persoal teña o preciso e necesario
É a prioridade, non vale que chega pouco e por remesas.

 

 

INFORMA-T: PAUTAS DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN COVID-19

Neste complicados momentos non podemos descoidar nin un pouco as pautas de hixienización para a sociedade en xeral, así como as de limpeza e desinfección nas vivendas e nas residencias da terceira idade e outros centros institucionais.

Nos seguintes Informa-t tedes as pautas a seguir coa conseguinte explicación. É fundamental cumplilas coa máxima rigorosidade para estar protexidos contra este virus.

PAUTAS HIXIÉNICAS COVID-19 (ficha 1) 

LIMPEZA E DESINFECCIÓN DAS VIVENDAS (ficha 2)

 

 

 

GRAZAS AS NOSAS EMPREGADAS E EMPREGADOS PÚBLICOS!

Os nosos empregados e empregadas públicas non paran durante esta crise sanitaria.... A tod@s eles... GRAZAS!!!
 
#GrazasPorCoidarnos
#AgoraEmpregadosPúblicos
#COVIDー19
 
 
 

Página 1 de 38

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA