Menú

Solicitude da convocatoria da comisión de seguimento do acordo polo que se establece a reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial

 
As catro organizacións sindicais vimos de presentar unha solicitude de convocatoria urxente da comisión de seguimento do acordo polo que se establecen a reincorporación dos empregados  públicos ao traballo presencial e as medidas de prevención fronte ao COVID-19.
 
Tendo en conta que as actuacións preliminares contempladas no Protocolo deben estar finalizadas esta semana, as organizacións sindicais urximos coñecer o estado das mesmas e tratar de forma urxente as seguintes cuestións que se propoñen como orde do día:
 
- Información, estudo e avaliación dos traballos de adaptación da fase preliminar.
- Convocatoria do grupo de traballo de análise do desenvolvemento normativo do teletraballo.
Información da realización das avaliacións de riscos laborais ao COVID19 dos centros de traballo e postos con tarefas de campo.
- Dar conta das convocatorias dos comités de seguridade e saúde laboral.
- Análise da situación xerada polas “recomendacións sanitarias” realizadas pola Consellería de Educación, Universidade de Formación Profesional, así como das recomendacións “medidas preventivas” do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
- Instrucións de desenvolvemento sobre a conciliación e flexibilidade.
 
Podes consultar o documento da solicitude no seguinte enlace.
 
 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA