Menú

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar: Recomendacións preventivas durante as xornadas presenciais e nos procedementos de atención ao público nas escolas infantís

 
O pasado día 13 foi remitida por correo ás OOSS documentación relativa ás recomendacións en materia de prevención a aplicar durante as xornadas presenciais e nos procedementos de atención ao público nas escolas infantís do CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR, para todos os trámites administrativos relativos ao procedemento de matrícula para o vindeiro curso 2020-2021, publicado no DOG no día de hoxe.
 
Logo das alegacións realizadas por algunhas OOSS, remiten o novo documento que se notificou ás escolas infantís da rede, no que se incorporaron algunhas das achegas propostas despois da correspondente supervisión polo servizo de prevención alleo do Consorcio (CUALTIS), por consideralas unha mellora respecto ao texto inicial. Neste novo documento recóllense varias das propostas desta organización sindical.
 
Podes  descargar o documento no seguinte enlace, no que van sinaladas en cor as aportacións recollidas polo Consorcio.
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA