Menú

UGT únese ao loito oficial polos falecidos polo COVID-19

 
A Unión Xeral de Traballadores súmase ao loito oficial de 10 días anunciado polo Presidente do Goberno e que foi aprobado na reunión do Consello de Ministros desta mañá.
 
O sindicato fai propio o duelo, que comeza mañá, como unha sentida homenaxe ás vítimas causadas pola pandemia de  COVID19 e unha mensaxe de solidariedade, apoio e agarimo a familiares e amigos pola perda dos seus seres queridos.
 
UGT lamenta a dor e o sufrimento da sociedade española e expresa a súa solidariedade e apoio a todas as persoas que sufriron e sofren esta enfermidade, aos que desexa unha pronta recuperación, a todos os que padecen as consecuencias sociais, laborais e económicas desta crise, aos que seguirá apoiando con todos os seus medios, e a todos os traballadores e traballadoras dos servizos esenciais, que sen dubidalo dedicaron todos os seus esforzos a axudarnos a superar esta pandemia, e que moitos deron a súa vida como consecuencia do seu labor.
 
 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA