Menú

O PERSOAL TÉCNICO DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS PREAVISA DE FOLGA A PARTIR DO 1 DE AGOSTO

 
Ante o nulo avance das negociacións dun novo acordo que regule as condicións de traballo do persoal técnico de incendios forestais da consellería do Medio Rural as organizacións sindicais UGT, CCOO, CIG e CSIF vimos de preavisar no día de hoxe a convocatoria dunha folga legal coas seguintes características:
 
1. A convocatoria da folga realízase logo do acordo da asamblea de traballadores e das organizacións sindicais, CIG, CCOO, CSIF e UGT, con ámbito na Mesa Xeral de Empregados Públicos da Administración Autonómica de Galicia.
 
2. A folga comezará desde as 00 horas do día 1 de agosto de 2020 e terá unha duración indefinida, afectando aos postos de traballo do persoal técnico de incendios forestais da consellería do medio rural (grupos A1 e A2 escalas enxeñeiros técnicos forestais e enxeñeiros de montes).
3. O obxectivo da folga é que a Administración Autonómica regule as condicións de traballo nun novo acordo coas seguintes características:
 
• Aumentar o cadro persoal para garantir os descansos legais establecidos sen afectar negativamente aos servizos públicos de prevención e extinción de incendios forestais e de planificación e ordenación forestal.
• Redución do horario anual que supera as 2000 horas.
• Regulación do traballo en fins de semana, festivos, gardas e descansos compensatorios e garantir 15 días de vacacións no verán.
• Distribución da carga de traballo e maior organización entre a xestión de montes, a prevención e loita contra incendios forestais e a xestión do persoal adscrito aos distritos forestais.
• Eliminar a dispoñibilidade absoluta dos xefes de distrito e establecer un/ha segundo xefe/a de garda por distrito forestal.
• Segunda actividade e coeficiente redutor para a xubilación anticipada.
 
4. A folga declárase por non teren chegado a resultado satisfactorio as negociacións previas coa Administración. 
 
 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA