Menú

O persoal técnico de incendios forestais inicia a folga indefinida o 1 de agosto

 
A irresponsable actitude da consellería do Medio Rural que non foi quen de remitir proposta escrita de novo acordo das condicións laborais do persoal técnico de incendios forestais nin de molestarse en convocar unha mesa de negociación, e a falta de intervención do Goberno da Xunta de Galicia neste conflito, están a provocar que haxa unha folga indefinida en pleno mes de agosto.
 
A mesa de negociación para a actualización do "Acordo sobre as condicións de traballo do persoal funcionario pertencente aos grupos A1 e A2 da Xunta de Galiza do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais" que data do 1 de abril de 2008 -en adiante acordo do ano 2008-, foi aberta oficialmente o pasado 09/08/2019. Abrírona tras 15 meses de pedimentos e mobilizacións.  A continuidade da mesa de negociación foi reiterada o 13/02/2020 e o 10/06/2020 sen resposta.
 
O 17/09/2019, na reunión de comisión de seguimento do acordo do ano 2008, acordouse que a Xunta de Galicia elaboraría unha proposta integral que sería trasladada antes de finalizar o ano 2019 á mesa de negociación sobre as novas condicións de traballo. A día de hoxe esa proposta integral non foi presentada.
 
Logo de asembleas e mobilizacións recentes do colectivo, quedou patente que despois de 2 anos desde que pediramos a negociación das condicións laborais, a consellería non foi capaz elaborar unha proposta integral de reorganización sobre a que se poida negociar.
 
Por tanto, o colectivo a mais de iniciar a folga indefinida decidiu realizar concentracións periódicas diante das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Rural. 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA