Menú

LOITA E RESISTENCIA DO PERSOAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

 
Suspéndense as mobilizacións previstas para esta semana pola grave situación sanitaria que provocou a implantación de novas restricións do dereito de reunión en toda a Galiza.
 
A de mañá sería a 17ª xornada de Loita e reivindicación do persoal de política social e aínda seguimos sen noticias da Conselleira de Política Social, Fabiola García. Esta conselleira continúa actuando como a peor patronal e fai oídos xordos ás reivindicacións do seu persoal.
 
En plena segunda onda da pandemia temos que seguir a reclamar medios materiais e de seguridade, máis persoal e información como a dos contaxios de compañeiros e usuarias ou incluso que a realización das probas PCR non se impoñan no día libre e a unha hora e media de
desprazamento co custo a cargo do traballador/a.
 
O persoal que atendemos e coidamos as persoas nos centros residenciais non desfalecemos no empeño e seguimos a resistir con actitude combativa ante a ineptitude dos cargos da consellería. Non temos dúbida da calidade do servizo que aportamos grazas o noso esforzo e, a
pesares do intento da Xunta de deterioralo, e esiximos o reforzo dos centros residenciais da consellería. A Xunta ten que negociar xa as condicións de traballo, tanto do persoal dos centros de atención da propia Consellería como do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar. As organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF, o vindeiro xoves 29 de outubro temos previstas xuntanzas cos grupos parlamentares co fin de impulsar a consecución dos seguintes obxectivos para o fortalecemento deste sistema público e da defensa do seu persoal.
 
 REFORZO DE MEDIOS MATERIAS,SEGURIDADE E PERSOAL ANTE A PANDEMIA
 A DEVOLUCIÓN DOS ARTIGOS DO CONVENIO RECORTADOS NO 2012
 A DEFENSA DUNS SERVIZOS SOCIAIS PÚBLICOS, DIGNOS E DE CALIDADE
 INCREMENTO DE PRAZAS PÚBLICAS DE XESTIÓN DIRECTA
 FIN DA PRECARIEDADE NO SECTOR PÚBLICO
 A TRANSFORMACIÓN DOS CONTRATOS PARCIAIS A XORNADA COMPLETA
 
 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA