Menú

Alegacións á proposta de acordo sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Xunta de Galicia

 
UGT presentou hoxe, despois análise das aportacions achegadas, as seguintes alegacións ao articulado:
 
Redución do horario de interconexión establecido para a modalidade de teletraballo (9,30 – 13,30 horas).
 
Eliminación da exclusión de postos de traballo vetados a priori, apostando polas funcións realizadas.
 
Definición do órgano, do prazo temporal e ámbito de aplicación do sistema de xestión do traballo por obxectivos,
 
Supresión da antigüidade mínima necesaria no posto de traballo para solicitar a modalidade de teletraballo.
 
Definición dos coñecementos informáticos e/ou telemáticos que garantan a aptitude para teletraballar.
 
Desenvolvemento dun único sistema de xestión por obxectivos e avaliación do rendemento para todos os postos de traballo, con independencia da modalidade de prestación dos mesmos.
 
Autorizacións/denegacións suficientemente motivadas das distintas solicitudes presentadas.
 
Establecemento dun máximo de xornadas de teletraballo, determinadas nun 60% do total mensual de xornadas.
 
Posibilidade de fraccionar a xornada diaria de traballo, para ser prestada en ambas as dúas modalidades.
 
Inclusión dunha mención aos seguros de mantemento e actualización dos recursos tecnolóxicos.
 
Concreción do nivel mínimo establecido para o posto encargado da realización das funcións de supervisión da actividade desenvolvida.
 
Establecemento de funcións, tarefas e indicadores únicos para os postos de traballo, con independencia da modalidade de prestación dos mesmos.
 
Redución dos prazos de resolución e notificación das solicitudes presentadas, debidamente acreditas. Establecendo prazo máximo de resolución de dous meses e resolvendo inicialmente as solicitudes presentadas con anterioridade a entrada en vigor desta norma.
 
Inclusión no réxime especial de autorización do teletraballo, aos colectivos de maiores de 60 anos e aos dependentes, menores e/ou maiores, de ata primeiro grao de consanguinidade.
 
Garantir o dereito a intimidade e á protección de datos da persoa teletraballadora.
 
Establecemento dunha regulación perfectamente descrita e informada sobre os controis establecidos.
 
Establecemento dunha supervisión trimestral da Comisión de Seguimento Sindical, complementaria da Comisión Técnica de Seguimento do Teletraballo.
 
Prorrogar automaticamente, agás excepcións debidamente acreditadas, os permisos de teletraballo activos, ata a posta en marcha efectiva da nova norma.
 
Equiparación entre ambas as dúas modalidades de desempeño da actividade, réxime presencial e teletraballo. 
 
Podes descargar o documento de alegacións no seguinte enlace:
 
 
 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA