Menú

UGT solicita a Política Social información da realización das probas PCR a compañeiros/as e usuarios/as por parte de persoal de enfermería

 
Dende hai uns días o persoal de enfermería de determinados centros de traballo, residencias de maiores e CAPS, está a ver como lle incrementan funcións, incluíndo a realización das probas PCR tanto a usuarios como aos compañeiros e compañeiras de traballo.
 
En principio, tales tarefas, segundo nos tiñan manifestado desde a Secretaría Xeral Técnica, serían levadas a cabo por persoal do SERGAS. UGT compartía esta decisión, xa que entendemos que o persoal propio da Consellería xa está sobrecargado de funcións.
 
Pois ben, non comprendemos cal é o cambio de criterio suscitado esta semana, polo que ao persoal de enfermería se lles comunicou, por parte das direccións dalgún centro, da asistencia ás dependencias do SERGAS para a realización dun curso preparatorio para a toma de mostras PCR. Durante a realización do mesmo comunicáronlle que ao día seguinte deberán realizar elas as PCRs aos residentes e persoal e preparar a algunha compañeira máis para o dito proceso. A sobrecarga de traballo veu acompañada de falta de coordinación, posto que parece ser que esta instrución non sae dos órganos de persoal da Consellería, se non do SERGAS.
 
UGT, que solicitou que se proceda a informar aos órganos de persoal e ás Organizacións Sindicais das instrucións ao respecto, xa manifestou de antemán a súa oposición a unha ampliación de tarefas do persoal de enfermería e auxiliares.
 
De ser o caso de que se obrigue ao persoal de enfermería dos nosos centros á  realización das probas PCR, esiximos se exonere a este persoal da prestación de servizos nas carteleiras, procedendo á contratación das acumulacións de tarefas precisas de persoal, tanto de enfermería como auxiliares, que sexan necesarios, así como que se dote do material necesario de protección.
 
UGT manifesta o seu apoio ás traballadoras e traballadores dos centros de Política Social, nun momento crítico, unha vez máis, nas súas condicións de traballo e as reivindicacións manifestadas a través das 18 xornadas de concentracións solicitando interlocución cos responsables da situación laboral xerada por mor  de non poder avanzar na recuperación da compensación de xornadas de domingos e festivos e o incumprimento do Acordo de concertación que comprometía a negociación, unha lousa nas condicións de traballo do persoal que afonda na fatiga e o desanimo e fomenta a desilusión duns profesionais dos que a sociedade galega pode sentirse orgullosa, pese ás nefastas políticas de persoal do Goberno da Xunta de Galicia no ámbito dos Servizos Sociais. 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA