Menú

A Xunta de Galicia, coa regulación do teletraballo, minorará dereitos e excluirá colectivos respecto da norma vixente dende 2013

Despois de meses teletraballando por mor da pandemia da COVID-19, dende a FeSP-UGT solicitamos en reiteradas ocasións a DXFP, a necesidade urxente de abordar a negociación dunha nova norma para regular o establecemento do teletraballo ordinario e estrutural na Xunta de Galicia, ao igual que se fixo na Admón. Estatal e  noutras CCAAs, superando o carácter experimental e de urxencia desta ferramenta por mor da pandemia sanitaria.
 
O sindicato non asina o acordo sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo na administración xeral da Xunta de Galicia, ao recortar dereitos e excluír colectivos por ser un retroceso á norma actualmente vixente, e por resultar das regulacións máis restritivas de todas as AAPP, incluída a da Comunidade Autónoma de Madrid
 
FeSP-UGT xa no mes de xuño fixo chegar á Dirección Xeral da Función Pública un documento-proposta de traballo, baseado noutras experiencias xa aprobadas, para consensuar un texto normativo que establecera o carácter estrutural desta modalidade laboral, e que puidera ir mellorándose coas aportacións dos membros do Grupo de Traballo constituído pola Admón. e as OOSS, superando a norma vixente do ano 2013 ata acadar un texto normativo de amplo consenso, que dera resposta a unha necesidade existente, e non xa a unha experiencia piloto máis acaída en épocas precedentes.
 
O teletraballo para no emprego público acordouse con UGT, CCOO e CSIF como lei básica estatal para todas as Administracións Públicas, Real Decreto Lei 29/2020 de 29 de setembro,  comprometendo a negociación colectiva do seu desenvolvemento en cada administración e concretamente na Xunta de Galicia a regulación non ten o apoio de UGT nin de CCOO e CSIF, por resultar un retroceso e ser a máis restritiva das existentes, incluída a CA de Madrid.
 
Durante os meses de outubro e novembro estivemos recibindo distintos borradores (6), reuníndonos para comentalos e aportando as nosas alegacións aos citados documentos, tratando de encaixar o que para FeSP-UGT, e para todas as persoas que así nolo fixeron saber, era imprescindible, necesario e esencial para apoiar este acordo.
 
Despois dunhas mínimas aportacións de última hora por parte da Dirección Xeral da Función Pública, nas que nunca tiñan encaixe as demandas que tanto UGT coma outras organizacións sindicais considerábamos irrenunciables, o máis razoable era deixar máis tempo para madurar o tema e lograr un documento de máximos e de amplo consenso. Non obstante, Función Pública preferiu cerrar a negociación con voto exclusivo a  favor de CIG, eles o explicaran ... 
 
FeSP-UGT explicamos porque NON PODEMOS VOTAR A FAVOR  dunha norma que recorta  dereitos, exclúe colectivos e establece obrigas excluíntes para moitas/os traballadores. Con isto xa é suficiente para o voto negativo. AS COUSAS COMO SON.
 
DEREITOS RECORTADOS:
 
A Orde do 20 de decembro de 2013 permite chegar a 3 días por semana (12 ao mes) con esta norma só se poderá chegar a metade da xornada mensual (2,5 días por semana): PÉRDESE A POSIBILIDADE DE DOUS DÍAS MENSUAIS. Tendo en conta ademais, que na norma estatal establécese un máximo de 4 días/semanais. Polo tanto, estamos ante a norma máis restritiva do estado no ámbito do teletraballo.
 
COLECTIVOS EXCLUIDOS:
 
Todos aqueles que realicen información á cidadanía: Rexistros, Oficinas Comarcais Agrarias, Oficinas de Emprego...
Técnicos ou administrativos de incendios e outros análogos: persoal técnico de medio rural, operadores codificadores de datos, axentes medioambientais e forestais, sen definir ... análogos... 
Os que desenvolvan as súas funcións, fóra das dependencias administrativas: sen identificar si ás funcións son parciais ou completas fora das dependencias, o que inclúe a todo o persoal que realice inspeccións.
Persoal administrativo de: centros docentes, centros de formación e inserción profesional, de residencias e centros de atención a persoas maiores e con diversidade funcional, centros de recepción e acollida de menores, centros especializados en atención a maiores, centros de avaliación de persoas con discapacidade.
Todos aqueles outros que se determinen pola comisión técnica de seguimento do teletraballo.
 
OBRIGAS EXCLUINTES:
 
- Contar cunha antigüidade igual ou superior a UN ANO de servizo no posto de traballo para o cal se solicita o teletraballo, despois de pelexar a supresión dos dous anos que inicialmente se tiñan establecido.
- Imposibilidade de teletraballar semanas naturais continuas.
- Imposibilidade de fraccionar a xornada de traballo diaria, combinando a modalidade presencial e o teletraballo. Situación que exclúe a moitos colectivos da posibilidade de teletraballar.
- Garantizar unha alta porcentaxe mínima de efectivos presenciais diarios por unidade administrativa.
- Non inclusión dos vulnerables dependentes no réxime especial de autorización.
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA