Menú

FeSP-UGT insta á Consellería de Política Social e á Dirección Xeral de Saúde Pública para que se inclúa ás traballadoras de axuda do fogar na vacinación prioritaria COVID

 
O sindicato presentou a proposta no Comité consultivo estatal do Sistema para a autonomía e atención á dependencia o IMSERSO tomou en consideración a petición do sindicato e outras Comunidades autónomas xa están vacinando as traballadoras de axuda a domicilio como colectivo prioritario. Sen que conste que vaia ser atendida.
 
Na tarde de onte 13 de xaneiro, celebrouse, por videoconferencia, reunión extraordinaria do Comité Consultivo do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia ( SAAD). No punto de rogos e preguntas, a UGT solicitou que se adiantase a administración das vacinas, contra o COVID-19, ás traballadoras do SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO (SAAD) dado que son un vehículo de transmisión entre os usuarios, atopándose estes entre a poboación máis vulnerable, tanto polo risco para contaxiarse pola enfermidade como polo risco elevado de complicacións que a mesma produce nestas persoas.
 
Debemos lembrar que estas traballadoras prestan coidados durante o día ata 6 persoas diferentes, desprazándose para iso en transporte público. A proposta foi moi ben acollida por parte do IMSERSO, comprometéndose este a trasladala á Dirección Xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade durante a reunión que manterán no día de hoxe.
 
Tamén, na reunión da Comisión Central de Seguridade e Saúde do SERGAS do 12 de xaneiro do presente, FeSP-UGT solicitamos que se incluíse ao persoal dos servizos de axuda a domicilio no grupo 2 de priorización, do documento del grupo de traballo técnico de vacinación COVID-19, da “Ponencia de Programa y Registro de Vacunaciones que afecta al personal de primera línea en el ámbito sanitario y sociosanitario.”. Dito criterio de prioridade deste colectivo xa se aplica en outras Comunidades Autónomas.
 
Cada domicilio é un centro de traballo onde pola natureza dos coidados non se pode gardar a distancia de seguridade, se convive con unidades familiares distintas, en moitas ocasións xunto con conviventes dos usuarios, sen os medios de protección individual adecuados para a
atención directa a persoas vulnerables. Xúntamos tamén escrito remitido o pasado 9 de novembro solicitando o uso obrigatorio de máscara polos usuarios e convivintes nos domicilios mentres dura o servizo de axuda no fogar.
 
Nestas circunstancias, as persoas traballadoras poden ser un vector de transmisión do virus e propagalo nos domicilios onde se atende a
usuarios máis vulnerables.
 
FeSP-UGT instamos á Consellería de Política social e a Dirección xeral de Saúde pública a que considere colectivo prioritario a estas persoas traballadoras que forman parte do Sistema de atención a dependencia e dos servizos sociais do ámbito da Comunidade autónoma de Galicia, e se inclúan no grupo 2 de prioridades que se está vacinando agora.
 
 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA