Menú

FeSP-UGT solicita a Función Pública que, con carácter de urxencia, dite as instrucións oportunas para a prestación do teletraballo COVID

 

Ante a situación agraviada pola pandemia na nosa Comunidade Autónoma que leva ao Goberno a adoptar novas medidas máis restritivas, a partir do día de hoxe e considerando que a norma recentemente publicada sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Administración Autonómica amósase como inoperante, UGT ven de solicitar á Dirección Xeral da Función Pública que se proceda a ditar as instrucións oportunas para a prestación do teletraballo COVID, que foi usado desde o mes de marzo do ano pasado.
 
UGT recorda que o acordo sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, (DOG do 7 de xaneiro de 2021), que foi aprobada co refrendo da CIG e o voto en contra de UGT, aínda non entrou en vigor, porque non pasaron os 20 días de rigor dende a súa publicación no DOG.
 
Nesta norma no Capítulo III, artigo 12, establécese a posibilidade da prestación de servizos na dita modalidade por determinados motivos extraordinarios ou excepcionais, entre os que cita a situación de razóns de declaración da situación de emerxencia, correspondéndolle neste suposto á persoa titular da Consellería competente en materia de Protección Civil e Xestión de Emerxencias. Consideramos que o sistema é pouco áxil e eficaz, debendo corresponderlle á persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, como órgano de xestión das cuestións de persoal de toda a Administración Autonómica.
 
En verbas do Presidente da Xunta de Galicia, parece querer fomentarse o teletraballo, en situacións como as que tristemente estamos a padecer, pero pola contra a norma ditada polo seu Goberno semella incidir en negar a posibilidade de dotarse dunha ferramenta áxil e efectiva. 
 
UGT mostrou o seu voto en contra do Acordo aprobado polo Goberno, posto que o entendemos como excluínte e restritivo, que con carácter xeral deixa fora do seu ámbito de aplicación ao persoal que estivo a prestar servizo en réxime de teletraballo de forma efectiva durante o período de confinamento da poboación, garantindo a prestación do servizo público pese ás circunstancias adversas.
 
 
 
 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA