Menú

O 1º Congreso da FeSP-UGT Galicia reelixe a Delia Irene Martínez Conde

 
Os delegados e delegadas convocados ao 1º Congreso Rexional da Federación de empregadas e empregados dos Servizos Públicos de Galicia, reelixiron á compañeira Delia Irene Martínez Conde para seguir liderando a Comisión Executiva Rexional co 98 por cento dos votos. O congreso, que se celebrou en Santiago de Compostela tivo como lema "O Público, o noso compromiso”. A nova Comisión Executiva quedou formado polos seguintes compañeiros e compañeiras:
 
 
Sª Xeral - Delia Irene Martínez Conde
 
Sº de Organización - Felipe Balboa Fernández
 
Sª de Coordinación Electoral e Afiliativa - Fina Martínez Bao
 
Sª de Administración e Formación - Antonio Díaz Seara
 
Sª de Igualdade - Susana Carballal Graña
 
Sª Sector da Administración Xeral do Estado - José Angel Carreira Martín
 
Sª Sector de Administración Autonómica - Lino Díaz Goas
 
Sª Sector de Administración Local - José Domingo Barros Montáns
 
Sª Sector Postal - Elvira Maceiras Piñeiros
 
Sª Sector de Saúde, Servizos Sociosanitarios e Dependencia - Javier Martínez Fente
 
Sª Sector de Ensino - Sandra Montero Nogareda
 
Sª Sector de Servizos á Comunidade - Juan Carlos Corredoira Barral
 
 
O Congreso fai un recoñecemento os empregados e empregadas de servizos públicos esenciais de primeira liña que hai 1 ano enfrontaron esta batalla contra a COVID con recursos escasos polos recortes de anos precedentes, cunha gran incerteza sobre o inimigo a bater, e sen medios para evitar e tratar cun inimigo mortífero.
 
As GRAZAS se acompañan dun chamamentos a manter a responsabilidade social e individual, a avanzar na vacinación universal e con criterios éticos, e celebra os avances nos tratamentos, isto é a nosa esperanza para minimizar a mortalidade e a morbilidade desta pandemia.
 
Unha denuncia ao goberno estatal e autonómico que non tomaron medidas para a segunda nin a terceira onda COVID, e a esixencia de responsabilidades pola falla de medidas de seguridade e saúde e a afectación mortífera que desencadeou no persoal de atención sanitaria e nos maiores da residencias, maioritariamente privadas e demanda de recursos extraordinarios para permitir a maior compensación posible a persoas traballadores e empresas para protexer o emprego.
 
Mentres o Sindicato cumpre, estivemos, estamos e estaremos, atendendo, coas sedes abertas, asesorando, apoiando e demandando a todos os niveis unha saída xusta, unha reconstrución para as persoas, construíndo en igualdade.
 
O traballo realizado por FeSP-UGT abriu en 2018 o camiño da recuperación progresiva de parte dos dereitos recortados ao persoal empregado público e aos servizos fundamentais do Estado. A nosa campaña AGORA Salarios, Emprego e dereitos deu os seus froitos co Acordo estatal de Emprego, o Acordo galego de concertación, o Acordo de Ensino público e de Xustiza, que supuxeron avances importantes, retributivos, de emprego e dereitos recuperados.
 
O sindicato acadou con carácter de básico e común para todas e todos os empregados públicos, a recuperación da paga de IT o 100%, das pagas extras, e incrementos salariais entre 2018 e 2020 do 7%, que descontando o IPC representa unha recuperación real de poder adquisitivo do 5,5%, sen ter en conta os incrementos salariais por outros acordos de retribucións complementarias como carreira profesional e outros específicos de carácter sectorial.
 
Valóranse os avances tanxibles e certos e mantense a reivindicación e mobilización, o noso modelo é un modelo de proposta e negociación dende un positivismo innovador, cun discurso no que teñan sentido as nosas decisións e se ofrezan respostas  aos problemas e ás incertezas, un discurso que se debe acompañar coa ética do comportamento que impregna a nosa acción sindical, tanto nas propostas para expor como nos medios para conseguilos.
 
Ante a Xunta de Galicia e a nivel estatal, o Sindicato demanda un novo Acordo sindical para seguir recuperando dereitos, salarios e emprego, as negociacións comprometidas cos sindicatos asinantes do Acordo de emprego 2018-2020 para dar continuidade os mesmos cun novo Acordo están paralizadas.
 
No marco do Diálogo social confederal co goberno estatal e co goberno galego, o sindicato está comprometido e actúa en defensa do imprescindible o reforzamento das políticas e dos servizos públicos, no marco das medidas de recuperación económica e social postpandemia.
 
Ademais, temos que acadar que as leis estais e galegas en materia de simplificación administrativa e adaptación das administracións públicas, para a reactivación, non menoscaben e respecten dereitos laborais e o dereito a negociación colectiva das e dos empregados públicos.
 
En definitiva, “O Público, o noso compromiso”, traballo e compromiso para continuar recuperando dereitos, salarios e emprego, por unha reconstrución postpandemia xusta e que reforce os servizos públicos, con emprego de calidade e dereitos para todas e todos os empregados públicos de xestión pública ou privada.
 
 
 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA