Menú

UGT denuncia que non se reúna o Comité de Seguridade e Saúde para informar da vacinación COVID do persoal laboral e funcionario dependente da Xunta de Galicia

 
O Plan de Vacinación de Saúde Pública COVID-19 iniciouse a finais de decembro co persoal laboral da Consellería de Política Social, considerados de primeira liña, e pasados máis de dous meses, o sindicato acumula reclamacións de disparidades de criterios en centros de Política Social, que dan como resultado datos que considera alarmantes de persoal sen vacinar. 
 
Hai algún centro, da Consellería de Política Social, que ten listas con persoas en espera de ser vacinadas, nalgún caso remitida ao Sergas o 17 de febreiro con 136 persoas traballadoras sen vacinar que seguen en espera. Outros centros estarían en cifras do 25% sen vacinar. Neste momento nin nos centros, nin a ningún nivel, dan resposta e resolución a estas incidencias.
 
UGT ten constancia de que persoal de servizos sanitarios privados con compatibilidade con emprego público de carácter sanitario, teñen recibida vacina pola actividade sanitaria privada e non pola actividade sanitaria na Xunta.
 
O sindicato trasladou estas problemáticas e solicitou formalmente a convocatoria urxente do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde dependente de Vicepresidencia que non foi convocado en toda a pandemia, ao que debe asistir representación de Saúde pública, a fin de trasladar a información que corresponda.
 
Solicitamos as previsións de planificación de vacinación doutros colectivos de empregados e empregadas públicas do Grupo 3-B que non están en centros sanitarios e a inclusión no grupo 6 de persoal que non está en centros educativos, dado que se está a excluír a determinado persoal de citadas unidades e servizos, exclusión que non se aplica en Sergas e Centros docentes, nin sequera coas empresas externas. Así mesmo, deben dar conta da planificación a levar a cabo cos efectivos do Grupo 6-A que inclúe ao persoal de Emerxencias. 
 
O Comité de Seguridade e Saúde do persoal docente e tamén o do persoal sanitario do Sergas foron reunidos e informados da priorización e do seguimento, pero a falla de información e diferente consideración e trato por parte da Xunta de Galicia á representación sindical do persoal laboral e funcionario, é inadmisible, e debe ser corrixida de forma urxente, coas preceptivas convocatorias dos órganos correspondentes, Mesa e Comité Intercentros de Saúde e Seguridade Laboral con presenza de Saúde Pública.
 
 
 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA