Menú

EMENDAS DA FeSP-UGT AO PROXECTO DE ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO DE 2017

As emendas da FeSP-UGT teñen por obxectivo a recuperación de dereitos subtraídos aos empregados e empregadas públicas (retribucións, salario en situación de IT, xubilación parcial de persoal funcionario e estatutario,  posibilidade de pactar xornada de 35 horas, etc.).

 

FeSP-UGTmantivo sucesivas reunións con varios Grupos Parlemantarios no Congreso dos Deputados (PSOE, PP, Unidos Podemos, Esquerra Republicana de Cataluña, PDCat), que amosaron receptividade ao conxunto de emendas presentadas.

 

O Grupo Parlamentario Popular non contempla, no actual Proxecto para 2017 a recuperación de dereitos, remitíndose á configuración do Proxecto de 2018 a elaborar nos meses de xullo-setembro e condicionando a marxe orzamentaria a  que o déficit en 2017 se sitúa por debaixo do 3%.

 

Todos os Grupos Parlamentarios(incluído o PP) amosan receptividade a emenda da FeSP-UGT en relaciónco artigo 19.2, e presentaran emendas para corrixir unha redacción orixinal moi perigosa para a correcta xestión dos recursos humanos no conxunto das Administracións Públicas.

 

Proxecto de lei de orzamentos do Estado.  Artigo 19.2 : “A duración do contrato ou do nomeamento (temporal) non poderá ser superior a tres anos, sen que podan encadearse sucesivos contratos ou nomeamentos coa mesma persoa por un período superior a tres anos, circunstancia esta que haberá de quedar debidamente reflectida no contrato ou nomeamento”.

 

A emenda da FeSP-UGT ao artigo 19.2 formula excluír os seguintes  contratos e nomeamentos: o persoal de Universidade (Lei Orgánica 6/2001) e a de Ciencia (Lei 14/2011), contrato de relevo vinculado á xubilación parcial anticipada (artigo 13 Real Decreto Lexislativo do Estatuto dos Traballadores), contrato laboral de interinidade (artigo 15.1 letra c), Real Decreto Lexislativo do Estatuto dos Traballadores), nomeamento funcionario/estatutario interino por vacante e substituto (artigo 10.1 letras a e b do EBEP, Real Decreto Lexislativo 5/2015, e 9.2 e 4 do Estatuto Marco, Lei 55/2003, respectivamente), exclusión extensible ás Disposicións Adicionais 15ª (Sociedades Mercantís Públicas), 16ª(Fundacións do Sector Público) e 17ª(Consorcios do Sector Público).

 

A tramitación parlamentaria segue o seu curso, e desde FeSP-UGT, continuaremos insistindo na defensa das nosas emendas e na recuperación de dereitos, posto que o Acordo de Emprego soluciona un problema concreto pero non oculta outros problemas moi preocupantes.

Informa-t

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA