Menú

UGT, xunto a outros sindicatos, inicia unha campaña de información sobre a situación de Correos

UGT, nun exercicio de responsabilidade, decidiu iniciar un proceso de unidade de acción con outras forzas sindicais para denunciar ante os poderes públicos a situación preocupante que se cerne sobre a empresa pública e os seus traballadores ante o importante recorte orzamentario previsto o orzamento do Estado para o Servizo Postal. Os sindicatos non descartan unha folga xeral, se o Goberno manten ese recorte.
 
Hai que recordar que no proxecto de orzamento do Goberno do Estado hai unha redución dun tercio na partida de Correos, que pasa do 180 millóns de euros do 2016 aos 120 do 2017. Este feito significaría que en Galicia se verían afectados uns 650 postos de traballo o que significaría unha precarización das condicións do traballo, principalmente un territorio cun gran dispersión coma Galicia.
 
UGT segue expondo que o Servizo Postal Universal debe seguir prestándose desde un modelo de xestión público que garanta a idea de que o negocio non prevaleza sobre a responsabilidade social de Correos como servizo público estratéxico e que garanta a universalidade postal e a continuidade da súa función vertebradora e de cohesión social e territorial.
 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA