Menú

UGT condena o brutal atentado de Barcelona e solidarízase coas vítimas

UGT condena o brutal e covarde atentado de Barcelona á vez que expresa a súa consternación e dor e envía a súa solidariedade e afecto ás familias e amigos das vítimas, así como todo o seu apoio e alento a todos os que participan nas tarefas de emerxencia e aos cidadáns e cidadás de Barcelona. 
 
Unha acción tan cruel infrinxida a persoas inocentes, incluídos nenos, e ao corazón dunha cidade traballadora e aberta non fai senón demostrar o absoluto despropósito dos autores. Esta barbarie non ten cabida no mundo xusto e libre que día a día nos esforzamos en construír. 
 
Todos os afiliados e afiliadas de UGT hoxe senten barceloneses e están á beira dos nosos irmáns e irmás de Barcelona para seguir defendendo a democracia e a tolerancia como os mellores antídotos contra a tiranía do odio terrorista.
 
UGT quere expresar o seu apoio e confianza nas forzas e corpos de seguridade do Estado e na Xustiza. Son momentos de unidade e a fortaleza da democracia é unha cuestión básica para salvagardar a liberdade e os valores que forman parte da nosa convivencia.

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA