Menú

As traballadoras de axuda a domicilio de A Coruña, nun proxecto de investigación nacional

UGT realizará, nos próximos meses, un proxecto de investigación a nivel nacional acerca da situación real das traballadoras da axuda a domicilio,  que se realizará non só a través de datos cuantitativos, senón tamén por medio de entrevistas, enquisas, grupos de debate,  ás traballadoras e tamén aos usuarios do servizo, que permitan sacar conclusións máis aló das cifras numéricas. A investigación está promovida por UGT Confederal xunto coa súa Federación de Empregados/as dos Servizos Públicos (FeSP), e desenvolverase por todo o país, sendo as traballadoras da axuda a domicilio da cidade de A Coruña as escollidas en Galicia para participar no mesmo.

 

Entre outras, as reivindicacións do Sindicato para este colectivo inclúen xornadas mínimas semanais e que o salario mínimo para unha xornada laboral completa suba, de forma que se permitise que estas traballadoras fosen, polo menos, mileuristas. Ademais,  as empresas  en xeral non están dispostas a aumentar as horas das  traballadoras, e usan a tónica de contratar moito persoal pero a moi poucas horas.

 

Desde UGT explícase tamén que se lles esixe aos Auxiliares que cambien as tarefas que lles corresponden por tarefas de limpeza, que non lle son propias, incluíndo ao resto da unidade familiar, que non ten concedido o goce deste servizo, corrompendo así  esta prestación pública.

 

Outra problemática que sofren estas traballadoras é que non contan nin tan sequera, con avaliacións de riscos laborais  dos seus postos de traballo , xa que o seu centro de traballo son  os domicilios particulares dos usuarios, polo que é difícil realizar ditas avaliacións,  que necesitarían, ademais a autorización dos mesmos usuarios, dado que son domicilios particulares.

 

Por último, desde UGT destácase a importancia deste colectivo de traballadoras para a sociedade polo servizo público que prestan, pero critican que a  calidade deste  pódese ver mermada, precisamente, por esas precarias condicións ás que se enfrontan día tras día, xa que en moitas ocasións, tanto desde as Administracións Locais como por parte da empresas subcontratadas, o único interese é o de reducir custos económicos.

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA