Menú

FeSP-UGT Galicia insta á Xunta a abrir un proceso negociador de emprego

FeSP Galicia insta á Xunta á apertura dun proceso negociador previo a Mesa xeral de orzamentos 2018 para traspoñer o Acordo de emprego estatal no seu ámbito de competencias e levantar a suspensión de Acordos e dereitos salariais e sociais que impuxo a Xunta dende 2012.

En relación co anuncio do Presidente da Xunta sobre a oferta excepcional de emprego realizada, no día de hoxe, no debate parlamentario do estado da Autonomía, que remite a unha oferta de 14.000 prazas, este sindicato valora que no proceso de negociación que se debe formalizar no ámbito da Mesa xeral, débense presentar os datos desagregados de Administración Xeral (persoal laboral e funcionario),  Sergas e de Ensino, e que a cifra final de oferta excepcional até 2020 terá que ser superior para cumprir cos criterios do Acordo de emprego estatal. 
 
As declaracións políticas deben acompañarse de feitos, e polo tanto, o sindicato espera e apela a apertura dun proceso real de negociación de estabilidade de emprego e de recuperación de dereitos económicos e laborais no emprego público galego. 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA