Menú

FeSP-UGT Ensino presenta ao conselleiro de Educación as súas reivindicacións para o sector

FeSP-UGT Ensino presentoulle o martes 17 de outubro ao conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, ás súas reivindicacións para o sector, nunha reunión longa e cordial, pero con escasos compromisos por parte de Administración.
 
No devandito encontro estaba presente o conselleiro e o director xeral de Centros, José Manuel Pinal, mentres que por esta organización sindical acudiron o secretario do Sector de Ensino FeSP-UGT Galicia, Gerardo Morano e o secretario de Política Sindical de FeSP-UGT Galicia, Domingo Barros.
 
    FeSP-UGT Ensino presentou as súas solicitudes cara ao sector empezando pola  recuperación dos salarios recortados, que foron rexeitadas polos representantes da Administración, aínda que indicaron que confían en que “se poida chegar ao mellor acordo posible de incremento salarial entre Facenda e as organizacións sindicais para todos os traballadores da Xunta, que se faría extensivo a todos os traballadores de ensino, incluídos os da concertada”.
 
Con respecto ás Vacacións de Primavera, os representantes da consellería entenden que é un debate que existe na sociedade aínda que lles resulta chocante, polo que esta organización sindical comprometeuse a enviarlle un argumentario completo ao respecto.
 
Recoñeceron a boa aportación deste sindicato en materias afíns e consideran que se deu un paso adiante importante. 
 
Rexeitaron a nosa petición de crear unha Mesa Técnica para a realización do mapa de centros, xa que consideran que sería conflitiva, non aportaría nada e só sería un obstáculo. 
 
Sobre a xubilación aos 60 con 30 de servizo, din que se debe regular a nivel estatal pero non ven que nestes momentos haxa problema para o seu mantemento. 
 
Sobre a petición desta organización sindical de facer máis áxil a adxudicación de destinos provisionais, a Xunta non o ve posible mentres non se trasladen os exames de setembro a xullo, do que, en principio, non son partidarios. Con respecto ao concurso de traslados, FeSP-UGT Ensino denunciou a incongruente situación dun baremo distinto ao das demais CC.AA. que está a prexudicar ao profesorado galego, pero a Consellería considera que está na liña xurídica correcta.
 
Respecto ao modelo de estabilización docente, nun principio non están de acordo con que as probas non sexan eliminatorias nin de valorar a fase do concurso máis alá dun terzo pero si con valorar o máximo posible os servizos prestados.   
  
Por último, sinalar que non reciben mal a petición da aplicación do pago delegado ao PAS dos centros educativos concertados e ao Persoal Complementario de Educación Especial pero temen que Facenda lles poña obxeccións. 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA