Menú

FeSP-UGT reclama que o plan de estabilidade sexa “o inicio da recuperación da situación previa á crise”

A Xunta de Galicia e as organizacións sindicais UGT, CCOO e CSIF asinaron onte un acordo para o desenvolvemento dun plan de estabilidade no emprego público. O obxectivo deste acordo, ao que poden adherirse sindicatos sectoriais representantivos, é incrementar a estabilidade e reducir a taxa de temporalidade no emprego público dependente da Xunta de Galicia, aplicando as medidas do acordo de emprego asinado polo Ministerio de Facenda e estas tres organizacións sindicais en marzo do presente ano.
 
FeSP-UGT Galicia solicitou o establecemento de calendarios de ofertas e simplificación de temarios e que quedara reflectido no acordo que é o inicio dun proceso de negociación de recuperación da situación preexistente ao momento da crise. Este sindicato entende que se mudaron as causas económicas que se xustificaron no Parlamento para aprobar a suspensión temporal dos acordos da Lei 1/2012, non se pode manter esas suspensión. Por este motivo, FeSP-UGT seguirá demandando a recuperación de dereitos e salarios e “esperamos que este acordo de estabilidade sexa o punto de inicio da devandita recuperación”.
 
O acordo. O compromiso asinado, que terá unha vixencia de tres anos (2017-20) suporá a creación de un mínimo de 14.750 prazas de aquí ata 2020. Segundo o acordo,  este plan supón reducir ao 7% a taxa de temporalidade na Administración e vaise aplicar en todos os servizos públicos (ensino, Sergas, xustiza, persoal laboral, persoal funcionario, entes). No período de vixencia do acordo aprobaranse ofertas de emprego público a través de concurso-oposición, que serán previamente negociadas nas mesas sectoriais. Tamén se establece neste acordo que as prazas de promoción interna de indefinidos por sentenza xudicial ou dotadas orzamentariamente e ocupadas de forma ininterrompida dende antes do 01-01-2005 non computan na taxa, así coma que o tempo de servizos prestados suporá a porcentaxe máxima legalmente establecida. Por último sinalar que se creou unha comisión de seguimento deste acordo e que se procedería á ampliación deste compromiso no caso de prorrogarse o acordo a nivel estatal.
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA