Menú

REUNIÓN CO GRUPO PARLAMENTARIO SOCIALISTA PARA TRATAR SOBRE A SITUACIÓN DO ENSINO CONCERTADO

As organizacións sindicais FeSP-UGT, CCOO Ensino, FSIE, FEUSO e CIG Ensino reuníronse hoxe co responsable de Educación do grupo parlamentario socialista, Luis Álvarez Martínez, para tratar sobre a "insostible situación na que se atopan as traballadoras e traballadores do Ensino Concertado". Mañá, os representantes sindicais teñen concertadas citas cos grupos parlamentarios En Marea, BNG e PP.
 
No encontro de hoxe, ao que acudiu Manuel Alonso, como representante do sindicato nacional de Ensino Privado de FeSP-UGT, as organizacións sindicais recordaron que o profesorado do Ensino Concertado segue sufrindo os recortes de dereitos e salariais: "No 2010 suspendeuse, co inicio dos recortes de dereitos e salariais, da cláusula terceira do Acordo Plurianual 2008-09-10 de 24 de abril de 2008 sobre condicións laborais e de calidade do ensino, quedando pendente unha revalorización do 2% do Complemento Retributivo Autonómico e 45 € por xornada completa. Este acordo foi asinado co Bipartito, aprobado en Consello da Xunta e publicado no DOG o 30 de maio de 2008".
 
As organizacións sindicais tamén trataron sobre a Paga Extraordinaria de Antigüedade de 25 anos na empresa que "non é aboada desde o derradeiro acordo en novembro de 2010, sendo Galicia a única comunidade autónoma do Estado que non paga a PEA".
 
Tendo en conta esta situación, as organizacións sindicais piden unha calendarización da recuperación salarial e o abono da PEA:  "Cunha recuperación macroeconómica da que tanto fala o goberno da Xunta de Galicia que non perciben aínda as traballadoras e traballadores, e o contexto de negociación en España do Ministerio de Hacienda coas organizacións sindicais da función pública sobre as retribucións dos funcionarios para o ano 2018 e seguintes, entendemos que é o momento de abordar desde a responsabilidade estas cuestións, empezando por eliminar na próxima Lei de Orzamentos para o ano 2018, o parágrafo terceiro do artigo 53.2 e a disposición adicional novena que posibilite empezar a negociar un acordo de abono da PEA e un calendario de recuperación salarial".

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA