

O secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez,reclamou ao Goberno "que abra un proceso de negociación na función pública para recuperar os dereitos perdidos durante a crise para as traballadoras e traballadores públicos no noso país".
Pepe Álvarez realizou estas declaracións previas á manifestación que tivo lugar este xoves en Madrid baixo o lema "Agora Salarios, Emprego público e Dereitos. #AhoraLoPúblico",onde sinalou que "o Executivo do noso país leva tempo prometendonegociación e diálogo na función pública que, ata o día de hoxe, é practicamente inexistente. Este xoves,desde a rúa, esiximos negociación xa".
"Non o dicimos só nós", lembrou. "A propia Unión Europea (UE) ou a Organización Internacional doTraballo (OIT) esixiron xa aoGoberno español que abra un proceso de negociación colectiva neste ámbito".
Un proceso co fin de "recuperar salarios. A perda de poder adquisitivo dos traballadores da función pública foi importantísima nonoso país nos últimos anos. Chegou o momento de recuperala. De igual maneira que a economía se recuperou, os salarios dostraballadores públicos téñense que recuperar. Hai moitos traballadores e traballadoras con salarios por baixo de 1.000 euros nas administracións públicas".
Recuperar a capacidade de decisión das administracións públicas
Recuperar a propia capacidade de decisión das administracións públicas. "Recuperar capacidade de negociación e autonomía naadministración local, recuperar capacidade e autonomía na administración autonómica ,tal e como había antes da crise da queestamos a saír".
Recuperar tamén o emprego. "Hai que recuperar a calidade dos servizos, recuperando, á súa vez, o emprego que había antes doinicio da crise, porque estamos moi lonxe de alcanzar ese nivel", considerou.
Por todo iso, o secretario xeral de UGT animou a toda a cidadanía a participar nesta campaña de mobilizacións. "É importante non só para os empregados públicos, senón para o conxunto dos cidadáns. O conxunto da cidadanía ten que sumarse, porque dosdereitos dos traballadores públicos dependen boa parte dos dereitos dos cidadáns á hora de recibir os servizos públicos decalidade".
En Madrid tamén estivo unha ampla representación da Federación Galega de Empregadas e Empregados dos Servizos Públicos cunha pancarta propia e na cabeceira central da manifestación tamén estivo a secretaria xeral desta federación en Galicia.
