Menú

Continúan as mobilizacións na Administración xeral do Estado que se iniciaron o pasado ano

O vindeiro 30 de xaneiro as 12 h , na Delegación do Goberno en A Coruña, se dará continuidade as mobilizacións que o Sector de Administración Xeral do Estado ven realizando dende o mes de xuño, no marco da campaña "Agora! Salarios, emprego e dereitos".
 
UGT e CCOO continuamos cos actos reivindicativos e o proceso de mobilizacións iniciados dende o pasado mes de xuño, na Administración do Estado. ámbolos dous sindicatos, que representamos preto do 74% das empregadas e empregados públicos, reclamamos máis emprego público, a recuperación de dereitos e un salario xusto, cun incremento de 250 € líneais.
 
Dende 2010 o persoal da Administración Xeral do Estado reduciuse nun 14%, situando preto do colapso boa parte dos servizos públicos que presta. Os derradeiros acordos en materia de emprego supuxeron un lixeiro troco de tendencia pero aínda están lonxe de solventar a situación nunha Administración avellentada na que a previsión de xubilacións nos próximos 5 anos supera os 25.000 efectivos.  
 
Os sindicatos CCOO e UGT denunciamos –a pesar da mensaxe de recuperación económica que permanentemente intenta trasladar o Goberno- que as empregadas e empregados públicos continúan a perder poder adquisitivo. Dende o 2010, as reducións e conxelacións salariais ou os incrementos ridículos do 1%, nun período no que o IPC incrementouse en máis do 8%, colocaron ao persoal da Administración do Estado –que xa se atopaba en condicións moi desfavorables en comparación coas empregadas e empregados públicos doutras administracións- nunha situación retributiva insostible. O Goberno parece estar disposto a atender as reivindicacións retributivas dalgúns colectivos diste ámbito como as Forzas e Corpos de Seguridade pero debe dar resposta ao conxunto do persoal da Administración do Estado. 
 
Con elas preténdese sentar ao Goberno a negociar para alcanzar compromisos sobre: 
 
- Unha política de emprego para frear a progresiva perda de postos de traballo na AXE e por fin a unha aposta do Goberno pola privatización de servizos.
- Desenvolvemento do Estatuto Básico do Empregado Público e desbloqueo da negociación do IV Convenio Único para adaptar o sistema de clasificación profesional coa aplicación efectiva do novo Grupo B; o desenvolvemento do sistema retributivo no seu conxunto, incluíndo aquelas retribucións que corresponden ás características dos postos de traballo, á carreira profesional ou o desempeño, rendemento ou resultados.
- Adopción de medidas nos procesos de provisión de postos para poñer fin á discrecionalidade existente cun sistema que realmente responda aos criterios de igualdade, capacidade e mérito.
- Recuperación do resto de dereitos arrebatados: retribucións en IT, Formación, Acción Social, masa salarial dos Plans de Pensións, etc.
- A recuperación do poder adquisitivo que perderon as empregadas e empregados públicos e a garantía do seu mantemento no futuro.
- Unha suba nos salarios de 250 € lineais que permita ao persoal dista Administración acadar un nivel retributivo xusto e digno. 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA