Menú

A Xunta de Galicia incumpre dende hai 10 anos a obriga de ter un Plan de Igualdade

A FeSP-UGT celebrou unha Xornada na Escola Galega de Administración pública (EGAP) sobre “Colectivos masculinizados versus colectivos feminizados no sector público autonómico”, que contou coa asistencia da Directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto Viso, na que participou a Secretaria xeral da FeSP-UGT Galicia, Irene Martínez, as Secretarias de Igualdade da Federación en Galicia e Coruña, Ángeles Vilarnovo e Chus Pérez, e traballadoras representativas de colectivos masculinizados de extinción de incendios e colectivos feminizados de residencias de maiores.

No marco da  marco da convocatoria dunha Folga Xeral das confederacións de UGT e CCOO de dúas horas por quenda para visibilizar as fendas e discriminacións que, por razón de xénero persisten nas empresas en xeral, a FeSP-UGT Galicia organizou unha Xornada de debate na EGAP, co fin de evidenciar as existentes no ámbito da Xunta de Galicia e reivindicar o goberno resposta ás demandas e as necesidades das traballadoras.

UGT leva moito tempo denunciando a situación de desigualdade que día tras día viven as mulleres. De feito, a primeira vez que UGT reclama igualdade salarial se remonta o ano 1932. E este 8 de marzo miles de mulleres e homes vámonos a manifestar para pedir una igualdade real, igualdade salarial, igualdade que é de xustiza. O goberno incumpre, a Constitución (artigos 9 e 14), o seu compromiso de investidura do ano 2011, no que anunciou un plan especial a favor da igualdade de homes e mulleres no ámbito laboral para loitar contra a discriminación salarial entre sexos, e incumpre tamén un dos principios do piar europeo de dereitos sociais que asinou o pasado 17 de novembro en Gotemburgo, que recoñece a igualdade de oportunidades e de acceso ao emprego e, textualmente, o dereito a igualdade de retribución para un traballo de igual valor.

Non hai vontade do goberno cando actúan como empresa no ámbito de xestión directa de servizos públicos ou indirecta con concertos ou contratos públicos. Só hai189 plans de igualdade rexistrados, pero existen máis de 4.000 empresas con máis de 250 traballadores e traballadoras que teñen a obriga de ter plans de igualdade e de negocialos.

Este é o caso da Xunta de Galicia que conta con máis de 250 persoas traballadoras, e en cumprimento da obriga sinalada pola Lei orgánica para a igualdade efectiva de homes e mulleres, debería aprobar e aplicar un Plan de igualdade, previa negociación coa representación sindical.

A Xunta leva incumprindo a normativa laboral e de igualdade máis de 10 anos, ignorando os requirimentos reiterados presentados pola FeSP-UGT polo que, á vista dos últimos datos e das consecuencias que supón a discriminación de determinados colectivos feminizados, consideramos apremiante a elaboración dunha diagnose co fin de implementar as medidas imprescindibles para paliar os efectos das desigualdades no eido do persoal dependente da Xunta de Galicia.

Na Administración hai fenda salarial, estimada do 16%, hai segregación sectorial vertical e horizontal, as mulleres representan o 65% do persoal funcionario interino, e o 72% do persoal laboral temporal, hai dificultades de conciliación da vida persoal e laboral, e sofren os recortes nos servizos públicos de apoio que precisan, como a cidadanía en xeral.

Hoxe nesta Xornada de debate e reivindicación, as mulleres da FeSP-UGT de  colectivos masculinizados de extinción de incendios da Consellería de Medio Rural, e mulleres de colectivos feminizados de residencias de maiores da Consellería de Política Social puxeron en común a súa visión da segregación sectorial e outras discriminacións e a desigualdade laboral existente.  E sobre todo, fixeron unha  apelación á obriga ineludible da Xunta de Galicia de implementar un Plan de igualdade negociado xa.

A Directora xeral de avaliación e reforma administrativa relatou medidas de acción e conciliación implementadas pero non integradas, e informou que a diagnose dos grupos de traballo do ámbito de Presidencia, permitirán abordar coas Organizacións Sindicais a conformación do Plan de Igualdade da Xunta de Galicia.

Nota de prensa

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA