Menú

UGT asinou un acordo plurianual que inicia a restitución de dereitos e salario ás empregadas e empregados públicos

A Federación de Empregadas e Empregados dos Servizos Públicos (FeSP) de UGT e o Goberno asinaron hoxe un acordo plurianual sobre as condicións laborais dos traballadores da Función Pública que asegura unha subida do 6,1% fixo ata 2020 e do 6,9% para distintos colectivos a través de fondos adicionais. O incremento salarial alcanzaría o 8,79% se se cumpren varias previsións económicas que son o crecemento do PIB en 2019 e 2020 e o cumprimento de déficit.

No 2018 os empregados públicos percibirán un 1,75%, no seguinte ano poderán chegar a percibir un 2,75% máis nas súas nóminas e o seguinte ano a subida salarial poderíase situar en 3,85%. Ao final do acordo, os empregados públicos terían unha subida de 8,79% de salario, o que permitiría recuperar case cinco puntos e medio do poder de compra perdido durante os anos de crises. No ano 2009 foi o último ano no que se gañou poder adquisitivo dereivado de incrementos salariais.

As empregadas e ós empregados públicos XA NOS TOCABA. Cando caeu a economía aplicáronos o primeiro recorte e durante os anos da crise perdemos o 13,1%. Cando pasou, dixeron que aínda no era o momento para recuperar o que nos pertencía. Agora que a economía, dicen, vai ben, e crecemos, non nos resignamos e firmamos un acordo que representa só o inicio da restitución dos nosos dereitos e a reparación do dano que sufrimos nós, os empregados e empregadas públicas. Agora tócanos a nós”.

Restituír dereitos: IT e Xornada e conciliación.

O acordo permitirá, mediante a negociación en cada ámbito concreto, acordar calendarios laborais que maticen e flexibilicen as 37´30 horas. Ademais posibilita, mediante negociación colectiva, que os empregados públicos poidan acumular un 5% da súa xornada anual -con carácter recuperable- para tarefas de conciliación destinada ao coidado de familiares. Tamén o posible establecemento dunha xornada continua especial cando se teñen a cargo a menores ou discapacitados.

Mediante a negociación, poderase volver negociar e restituír o 100% das retribucións cando se está en situación de incapacidade temporal. Para logralo ábrese a posibilidade de negociar en cada Administración un complemento retributivo sobre a prestación da Seguridade Social en materia de IT, ata alcanzar o 100% das retribucións que se perciben habitualmente, sempre que se xustifique a ausencia mediante o correspondente parte de baixa ou establecer catálogos de continxencias.

Agora créase Emprego Público

O acordo co Goberno permitirá crear novo emprego público e devolve a capacidade de negociación e xestión ás administracións autonómicas e locais. O proceso de estabilización -redución dun 90% a temporalidade- universalízase, ao estenderse a todos os colectivos e sectores das Administracións Públicas, así como ao seu sector público (axencias, organismos autónomos, etc.).

O acordo permitirá ás Administracións Públicas que cumpren o obxectivo de déficit, a regra de gasto e de débeda pública cubrir as baixas que se produzan en todos os sectores, funcións e servizos, sexan ou non prioritarios. Nestes casos, poderase aprobar unha taxa adicional do 8% sobre a taxa xeral nos sectores que se consideren necesario.

Para aquelas Administracións que non cumpran os requisitos, a taxa de reposición será do 100% nos sectores prioritarios -chegarán a vinte- e do 75% no resto, un 25% máis que o ano anterior. Adicionalmente poderán fixar unha taxa do 5% se o necesitan.

Máis liberdade para negociar o Emprego na Administración Local

O acordo inclúe unhas previsións específicas para as Entidades locais que permitirá cortar a sangría de emprego que se produciu nos últimos anos, case 115.000 postos de menos desde 2010.

As Entidades locais que cumpriron os obxectivos sinalados terán o 100% de taxa de reposición en todos os sectores, evitando a diminución de persoais. Ademais poderán aprobar unha taxa do 10% sobre o xeneral naqueles sectores que determinen.

Se non alcanzaron o obxectivo de déficit, regra de gasto e débeda pública poderán cubrir o 100% das baixas que se produzan en sectores prioritarios, o 75% no non prioritaros e un 5% máis sobre a taxa que se corresponda se o considera necesario.

Ademais, calquera entidad local que nos últimos cinco anos aumentase máis dun 20% o seu censo de poboación disporá dun 5% máis de taxa de reposicion. Esta cota permitirá dar unha cobertura adecuada dos novos servizos públicos que os concellos deben prestar conforme á Lei de Bases do Réxime Local.

Forzas e Corpos de Seguridade do Estado

O acordo fixa unha taxa do 115% para os corpos de policía autonómicas e locais. Estes datos permiten a creación de emprego neto e facilita a implementación do Real Decreto sobre xubilación anticipada da policía local. Esta medida pode afectar estes anos a preto de 3.200 policías locais que xa teñen máis de 60 anos e nos próximos anos a outros 4.000 teñen entre os 55 e 60 anos. Actualmente hai un total de 70.000 efectivos nas policías locais.

UGT é o sindicato maioritario na Función Pública, xunto a CCOO, ao contar con cinco representantes cada un, na Mesa xeral de negociación das Administracións Públicas. Na mesa tamén participa CSIF, con tres representantes, ademais de CIG e ELA, cun representante cada un.

images/pdfs/Informa-t_ACORDO.pdf

images/pdfs/info.pdf

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA