Menú

O día 15 de abril, nova mobilización por pensións dignas

A loita polas pensións dignas para os nosos maiores continúa. É algo que nos importa a todos onte, hoxe e sempre e por iso continuamos coas mobilizacións.

Desta forma UGT convoca, xunto a CCOO, o próximo día 15 de abril concentracións en trece cidades e vilas galegas para facer saber ao Goberno que seguimos loitando polo que é de xustiza.

Así as concentracións celebraranse diante dos concellos de Ribeira, Viveiro, Foz, O Barco, Vilagarcía e o Grove. Ademais, haberá mobilizacións nas sete cidades galegas nos seguintes puntos:

A Coruña: No Obelisco

Ferrol: Manifestación dende a Praza de España

Santiago; Na Praza de Cervantes

Lugo: Manifestación ás 12:30 horas dende o edificio da Xunta

Ourense: Na Praza Maior

Pontevedra: Na Praza de España.

Vigo: Diante do Museo Marco

#PorPensiónsDignas

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA