Menú

Cúmprense dous meses de folga na Xustiza galega

Hoxe día 7 de abril cúmprense dous meses de folga na Xustiza Galega, e os traballadores e traballadoras deste sector saíron as rúas de Santiago  para amosar que están fortes e unidos.

A manifestación, que partiu ás doce horas da Alameda e rematou na Praza da Quintana, serviu unha vez máis para amosar a forza deste colectivo tal e como sinalou o responsable de UGT Xustiza, Manuel González, "o compromiso dos traballadores segue forte, cun seguimento en torno ao 80 por cento, pero aos últimos intentos do Goberno de enfrontar á sociedade cos funcionarios de xustiza. 

A multitudinaria manifestación rematou coa lectura dun manifesto onde se destacou que a unidade dos traballadores fortalécese tras dous meses de folga. "Non vencerán nin convencerán", rematou o manifesto.

 

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA