Menú

Os representantes de todos os sindicatos do Ensino Concertado entregaron máis de cinco mil sinaturas no rexistro da Xunta

Os representantes de todos os sindicatos do Ensino Concertado (FSIE, FeSP-UGT, CCOO Ensino, FEUSO e CIG Ensino) continúan coas súas accións reivindicativas ante a falta de resposta por parte da Administración as súas peticións. Así, hoxe  25 de abril delegados de toda Galicia do Ensino Privado Concertado concentraronse ante a Consellería de Educación e entregaron por rexistro máis de cinco mil sinaturas esixindo negociación na Educación Concertada.

O pasado día 4 deste mes solicitaron por escrito no rexistro da consellería a convocatoria da Comisión Tripartita do Ensino Privado Concertado (CTEPC) e o silencio foi a única resposta da  Administración ata agora. Por iso os sindicatos volven á rúa para facer escoitar as peticións dos máis de 7.000 traballadores e traballadoras deste sector, que levan 8 anos perdendo salario e dereitos. Ademais de presentar por escrito esas máis de 5.000 sinaturas, os representantes das organizacións sindicais solicitaron unha reunión co conselleiro de Educación en busca de solucións para este sector.

Temas a tratar. O Acordo de Mantemento de Empregoé unha das prioridades, xa que “non temos AME dende o ano 2009, e a perda de unidades suporá un maior paro”. Ademais, as organizacións sindicais recordan os recortes salariais soportados por este colectivo nos últimos anos, consolidados en nómina e que aínda non terminaron de recuperarse, así como a paga extraordinaria de antigüidade dos 25 anos, que non se aboa dende o 2010, “sendo Galicia a única comunidade autónoma do Estado que non paga a PEA, dereito recoñecido por xurisprudencia reiterada”. O aboamento da coordinación de dinamización lingüística que non se está a cobrar, incumprindo a propia lexislación da Xunta de Galicia, é outro dos temas a tratar. Por todo isto, e ante a situación de recuperación económica “da que tanto se fala, cremos que chegou o momento de empezar a negociar (o gran problema é a negativa a negociar por parte da Administración) un acordo de mantemento de emprego, un acordo de aboamento da PEA e un calendario de equiparación salarial e de condicións laborais, así como o pago da coordinación de dinamización lingüística que non están a cobrar os traballadores/as do ensino concertado”..

                                     

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA