Menú

Reunión da mesa sectorial docente: Homologación salarial

A FeSP-UGT negociará unha homologación salarial do profesorado galego coas seguintes condicións: en primeiro lugar, que manteñan o espírito dos acordos salariais autonómicos asinados por esta organización sindical nos anos 2003 e 2006; en segundo lugar,  que dito acordo nos permita situar no terzo alto das retribucións de todas as CCAA; en terceiro lugar,  que manteña a cláusula de revisión para que unha vez finalice a  temporalización da aplicación do acordo se proceda á súa revisión  E todo elo baixo a premisa de que sexa un incremento retributivo lineal para todo o profesorado.
 
Baixo ningún concepto esta organización vai incluír na negociación cuestións que entendemos non son obxecto de negociación. Somos plenamente conscientes, de que a administración nos anos de crise se dedicou a quitar dereitos que xa tiñamos adquiridos. Entendemos que sobre estas cuestións non hai nada que negociar, senón que ó tratarse de dereitos roubados, o único que lle queda a administración é proceder á súa RESTITUCIÓN. 
 
Despois das innumerables peticións feitas nas distintas mesas sectoriais e máis concretamente cos escritos presentados con outra organización sindical o pasado 10 de abril e reiterado por esta organización o 2 de maio, a Consellería ven de abrir a negociación da homologación salarial do profesorado galego co resto do profesorado do Estado. A resposta da administración foi clara: expresou a vontade de acadar un acordo retributivo encadrado nas premisas dos anteriores acordos, ambos asinados por esta organización sindical, e que situaban a Galicia no primeiro terzo da táboa das CCAA.
 
A FeSP-UGT, na súa intervención congratúlase de que administración asumira o estabrecido no punto 8 do acordo (a revisión da posición na táboa) pero lamenta que esa revisión se fixera 10 anos despois da finalización da aplicación do acordo.
 
Logo dun receso para aunar criterios entre organizacións sindicais a FeSP UGT quere manifestar que NÓS, esta negociación a plantexamos do seguinte xeito:
 
1.        A nosa Organización Sindical entende que para cumprir as premisas de negociación que establecemos, a subida lineal para todo o profesorado debe ser de 130 euros (que serían 1820 ó ano). Deste xeito situariámonos de cuartos na táboa mantendo soamente por riba ás comunidades de Euskadi, Navarra e Cantabria. Estas premisas foron refrendadas por CCOO e ANPE.
 
2.        O marco temporal deste incremento retributivo debe de estar situado entre o último trimestre do ano 18 e o ano 19.  
 
3.        En todo caso, en xaneiro do 2019, e contemplándose a cláusula que se debe incluír, procederase a revisar a situación das retribucións do profesorado galego respecto ó resto de compañeiros e compañeiras do Estado.
 
Quedamos emprazados pola administración para continuar a negociación o próximo martes día 22 de maio, día no que se nos fará chegar a contraproposta da administración.
 
En todo caso, o profesorado galego debe saber que se esta organización sindical acada un acordo retributivo satisfactorio que nos homologue cos compañeiros do resto do estado, iso non significará en absoluto o abandono da RESTITUCIÓN dos dereitos roubados (descontos por IT, baixada de rateos, baixada de horas lectivas, acordo de agrupamentos, eliminación de funcións non docentes, devolución das pagas extras, …) no ámbito que compete a cada un deles e que abranguen desde a Mesa Sectorial docente, a Mesa de Función Pública de Galicia, a Mesa Sectorial Estatal e a Mesa Xeral Estatal.
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA