Menú

O PROXECTO “QUEN VIVE AÍ? A VIAXE DO 0” DO CEIP CARDEAL QUIROGA PALACIOS DE SANTIAGO, ACADA O PRIMEIRO PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA ESCOLA VIVA

O proxecto Quen vive aí?A viaxe do 0, de María Abeijón Arnejo, doCEIP Cardeal Quiroga PalaciosdeSantiago de Compostela (A Coruña), acadou o primeiro premio á innovación educativa “Escola Viva” 2018, convocado por FeSP-UGT Ensino e o movemento educativo Escola Viva.

 

O xurado, formado por Raúl Gómez Farto (presidente de Escola Viva) e Antonio Rial Sánchez, María José Méndez Lois, José Viaño Rey e Susana Álvarez Soto –todos eles representantes de diferentes ámbitos educativos-, reuniuse o pasado día 9 de maio para estudar os trinta traballos presentados e decidir os premiados da sexta edición destes premios á innovación educativa, cos que se pretende recoñecer o labor daqueles docentes que levan a cabo experiencias didácticas innovadoras nos seus centros, co fin de mellorar a formación do seu alumnado.

 

Este primeiro premio, que terá unha contía de 2.000 euros, trata sobre un caso real dun aula de Primaria onde hai un neno con diabetes: “Un proxecto máxico, un punto de inflexión para as persoas implicadas onde fomos capaces de transformar a experiencia en coñecemento”. A autora explica que é “un xogo lúdico creado para o control exhaustivo da diabetes por parte do alumnado de 5 anos. Un recurso incrible onde adquiriron a autonomía e as estratexias necesarias para levar a cabo a planificación é os coidados necesarios da diabetes”.

 

María Abeijón pensa que Quen vive aí? A viaxe do 0 é o mellor “libro” que o alumnado pode ter na aula xa que se traballan todas as competencias e habilidades matemáticas entre outros obxectivos.

 

O segundo premio –recoñecido con 1.000 euros- á innovación educativa será para CreaRVigo, de Manuel Porteiro Rives, do CEP Santa Tegra de Vigo. É un proxecto de aula, baseado en dinámicas activas de aprendizaxe, na que nos mostran Vigo dunha forma diferente, a través do google maps e dos propios alumn@s.

 

Ademais, o xurado decidiu outorgar as seguintes mencións honoríficas:

-1ª MENCIÓN HONORÍFICA

Experimentarte

De Paula Couto Couso e Ana Pérez Gey

CEE  Vilagarcía de Arousa

 

-2ª MENCIÓN HONORÍFICA (A dous proxectos do mesmo centro)

Raiolas de Luze Proxecto Viaxar Polo Mundo

 CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso

Directora do Centro: María Asunción Lamelas Fernández

Orientadora do Centro: Jennifer Fernández Rodríguez

 

O acto de entrega dos premios celebrarase nas próximas semanas, nunha data aínda sen determinar, pero que terá lugar antes do remate do curso escolar.

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA