Menú

Concentracións dos empregados e empregadas da Administración Xeral do Estado

Hoxe 7 xuño celebraráronse concentracións dos empregados e empregadas públicos da Administración xeral do Estado ante as subdelegacións e a delegación de Goberno en Galicia, baixo o lema “Máis emprego público, salario digno”

.

Estas concentracións forman parte do conxunto de mobilizacións que estas organizacións teñen convocadas en toda España desde o 21 de maio. Os tres sindicatos denuncian que os decretos, recortes, reformas e demais medidas do Goberno, vulneraron o dereito á Negociación Colectiva na AGE, impedindo a súa capacidade para ordenar con eficacia as relación laborais, o que xerou negativas consecuencias sobre os dereitos individuais e colectivos das empregadas e empregados públicos da AGE, degradando aínda máis os niveis de estabilidade, volume e calidade no emprego.


#agoranós
+emprego público salarios dignos

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA